Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula TIC-PEMES pon en marcha unha revista dixital para achegar as tecnoloxías ás nosas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula TIC-PEMES pon en marcha unha revista dixital para achegar as tecnoloxías ás nosas empresas

Redacción
Publicado: 27/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

240715sipymes.jpgA Aula TIC-PEMES da Universidade de Santiago, emprazada no Campus de Lugo, vén de presentar unha publicación dixital destinada a afondar nun dos principais obxectivos do departamento: achegar as novas tecnoloxías da información á contorna galega, neste caso concreto facendo especial fincapé no noso tecido empresarial. Deste compromiso xorde a publicación electrónica SiPYMEs, unha revista en liña de carácter divulgativo e periódico que, segundo informan os responsables da Aula, “recolle e difunde artigos de actualidade vinculados cos beneficios que as TIC ofrecen ás pequenas e medianas empresas (PEME)”.
SiPYMEs xorde pois coa finalidade “de facilitar a adaptación das empresas de menor tamaño á Sociedade da Información, eliminando as diferenzas que puidesen existir entre este e outro tipo de empresas en relación coa utilización das novas tecnoloxías”. Así pois, a contorna de traballo da revista, os seus destinatarios principias, serán os responsables das pequenas e medianas empresas do eido lugués e galego, aos que se pretende involucrar de cheo no ámbito das novas ferramentas e a Sociedade do Coñecemento. Na revista haberá un oco para a difusión de reflexións ou experiencias reais arredor das TIC, relatadas polos propios/as empresarios/as, emprendedores/as e expertos/as na aplicación das tecnoloxías desde unha perspectiva empresarial.
“O formato electrónico”, sinalan dende a Aula, “outorga a SiPYMEs a posibilidade de acceso desde calquera punto da xeografía mundial, a súa actualización permanente e a interacción do público coa revista”. A idea complementaria, engaden, é crear unha comunidade de persoas relacionadas ou interesadas co ámbito das TIC e a súa aplicación nas empresas que poidan actuar entre si de diversos modos ao longo do tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?