Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e o CPEIG abordan este martes as novas competencias dixitais no eido sociosanitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e o CPEIG abordan este martes as novas competencias dixitais no eido sociosanitario

Redacción
Publicado: 27/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do CPEIG, nunha imaxe de El Correo Gallego de Antonio Hernández
Fernando Suárez, presidente do CPEIG, nunha imaxe de El Correo Gallego de Antonio Hernández
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan mañá a xornada Faite profesional dixital do ámbito sociosanitario. O encontro intégrase na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital e desenvolverase na Cidade da Cultura, en Santiago. Segundo informan as entidades organizadoras, “os asistentes coñecerán da man de destacados expertos e profesionais novas competencias e habilidades que se están a demandar no mercado laboral actual no eido sociosanitario”.
Os relatores amosarán en detalle as características e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público. A xornada dará comezo ás 10.30 horas no salón dous do edificio CINC. Tras a benvida institucional a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, intervirán o coordinador autonómico da Cruz Vermella, Joaquín Varela, e Marta Durán, responsable de Atención ao Cliente Zona Oeste de SARquavitae para abordar a atención xerontolóxica e a xeriátrica dixital.
A continuación, Julio García Comesaña, subdirector xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa do SERGAS, e Teresa Martínez Ramonde, xefa do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, falarán do fogar dixital e da consulta médica non presencial.
Pola súa banda, o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón Calvo, abordará a cuestión da información masiva (Big Data). A seguir, Gonzalo García Figueroa e Lola Lago Rincón, do Grupo Promedia, falarán do potencial das aplicacións no eido da eSaúde. Como remate da xornada, abrirase un coloquio entre os relatores e o público.
Como lembraremos, a campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou o pasado mes de abril coa xornada Faite profesional dixital da mercadotecnia dixital. Trátase dun ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitais que se desenvolverá ata outubro, e que ten como obxectivo xeral “crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio das TIC cara ao emprego”. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado no presente ano entre o CPEIG e a AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?