Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comunidade de ciberactivistas Avaaz pide axuda para a súa reconstrución
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comunidade de ciberactivistas Avaaz pide axuda para a súa reconstrución

Redacción
Publicado: 28/07/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

avaaz-3.jpgA comunidade de ciberactivistas Avaaz vén de comezar unha campaña de recolleita de axudas para “reconstruír Avaaz dende cero” e poñer freo a un fluxo de fallos, eivas e incidencias que, sinalan, non para de medrar e que se materializou, en parte, en cinco apagamentos en só catro meses (os últimos catro meses). Segundo fan saber os seus principais impulsores, o que se pretende é xuntar novos esforzos (doazóns e contribucións profesionais) para evitar que a fronte internauta esmoreza de éxito.
“Cando os nosos enxeñeiros construíron a tecnoloxía de Avaaz por primeira vez, nunca soñamos que chegariamos a ser así de grandes; daquela a listaxe de incidencia política máis grande do mundo por aquel entón non superaba os 3 millóns, pero hoxe esa cifra non é máis que unha mínima porcentaxe dos 42 millóns que somos”, sinalan.
En consecuencia, Avaaz sitúase ante un éxito sen precedentes e un proceso de medre que require, por forza, unha tecnoloxía diferente da orixinal. Segundo contan dende a comunidade, perante esta encrucillada Avaaz pode certamente entrar en crise ou ben tirar proveito deste punto de inflexión para “construír a tecnoloxía máis potente e acaida para o cambio social máis grande dos ata o de agora acontecidos”. Iso si, sinalan, fan falta máis expertos para construír a nova plataforma, “unha remodelación moi cara e que precisa de fondos dos que carecemos, e máis se o obxectivo é seguir mantendo o nivel de campañas en marcha para deter o cambio climático e protexer os dereitos humanos”. A comunidade, que para este fin puxo en marcha un novo sistema de doazóns, está arestora a piques de acadar a cifra das cincocentas mil millóns accións en liña. Asemade, tamén procura a contribucións de expertos en informática para contribuír “de maneira remunerada” a materializar “o mellor sistema tecnolóxico posible” para Avaaz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?