Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O curso sobre narrativas dixitais da USC achegará recursos sobre como dominar a nova comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O curso sobre narrativas dixitais da USC achegará recursos sobre como dominar a nova comunicación

Redacción
Publicado: 28/07/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

grafica_xornalismo_datos-2.jpgO proxecto campUSCulturae da Universidade de Santiago organiza do 1 ao 5 de setembro o curso Xornalismo de datos e narrativas dixitais, unha actividade destinada a afondar “nun eido profesional que fornece novas maneiras de narrar e informar”, en palabras dos organizadores. Ao seu abeiro xuntaranse algúns dos principais expertos na materia a nivel estatal e internacional, amosando e debullando novas estratexias e novas ferramentas para comunicar nunha contorna en liña. Entre as/os relatoras/es atópanse Mar Cabra, Karma Peiró, Xaquín González Vieira, Rafa Hör, Delia Rodríguez e Ana Ormaechea. Ademais, haberá obradoiros e un hackaton. Unha instalación de Domestika Streamers pechará o curso.
Segundo engaden os impulsores de camUSCulturae, cumpría máis que nunca, na nosa terra, un curso que fornecese recursos prácticos e actuais sobre como dominar os novos códigos da comunicación dixital. E máis, din, “tendo en conta a velocidade á que circula hoxe en día a información, cun acceso masivo a datos antes non dispoñibles e coa posibilidade de ler todo tipo de textos en plataformas interactivas”. Isto, unido ao fenómeno da recepción dos datos en contextos de dispersión, “fan que as normas clásicas do xornalismo en Internet simplemente xa non funcionen”, explican os impulsores do curso. Polo tanto, ter coñecemento de todo isto e saber como superar os atrancos é o gran obxectivo de Narrativas dixitais.
O curso, engaden, traerá ao paraninfo da Universidade aos principais expertos a nivel internacional en xornalismo dixital, como Mar Cabra, xornalista de investigación e especialista en análise de datos en International Herald Tribune, The Huffington Post, Le Monde e El País e vicepresidenta da sección española de Open Knowledge Foundation. Cabra defende que “o xornalismo de filtración deixa de selo cando o xornalista traballa para buscar máis fontes e contrastar”. Tralo seu relatorio na xornada inaugural, a responsable de participación no portal de noticias 3cat24.cat, Karma Peiró, explicará a Lei de Transparencia e como traballar cos datos; unha corrente do xornalismo que, para ela, “pode contribuír a recuperar a profesión”.
Á pregunta de como visualizar os datos de maneira atractiva dará resposta Xaquín González Vieira, membro do equipo de gráficos informativos de La Voz de Galicia, ex director de gráficos en The New York Times e actualmente editor de gráficos en The Guardian. Pola súa banda, o ex editor de gráficos de El País e The Sunday Times, Rafa Hör, explicará as claves do éxito internacional dos infografistas españois.
No curso, ademais, afondarase no xornalismo colaborativo da man de Antonio Delgado, impulsor da #redada, e de como viralizar a información con Delia Rodríguez, ex redactora xefe de Huffington Post e actualmente directora de Verne en El País. Tamén dos docuwebs e as series transmedia, así como os especiais interactivos coa co-fundadora de Acuerdo.us, Idoia Sota. Sobre o traballo cos desenvolvedores falará Ana Ormaechea, co-fundadora da empresa Tablet Army, quen lembra que grazas á rápida adaptación ao entorno dixital, “os medios pequenos e os tecnolóxicos están adiantando ás grandes corporacións”.
Outras actividades
Nas dos últimas xornadas desenvolverase o Hackaton CampUSCulturae no que se buscará a creación colectiva de software libre e contidos sobre diversidade cultural, inclusión e minorías. O curso concluirá cunha instalación a cargo de Domestika Streamers, un colectivo de desenvolvedores que explora a interactividade como elemento artístico e cuxas obras expuxéranse no CCCB de Barcelona, na Academia das Ciencias de California ou na Fundación Qatar, por citar algúns.
Outros dos profesionais que presentarán relatorios son o desenvolvedor e membro da Fundación Civio, Hugo Garrido; o xornalista de El confidencial, Jesús Escudero; o experto en deseño de xeoinformación e visualización xeoespacial, que traballou para Google e a NASA e co fundador de Vizzuality, Serio Álvarez Leiva; o creador transmedia e deseñador de series vídeoxogo, Éric Viennot e representantes dos medios El Español, El Confidencial Lab e El Extrarradio nunha mesa redonda moderada por Borja Echevarría, ex subdirector dixital de El País e actual vicepresidente dixital de Noticias Univisión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?