Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca o Reto Edison 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca o Reto Edison 2015

Redacción
Publicado: 29/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

intel-edison-final.jpgFICOD, Endesa, Ferrovial, Intel, Repsol, Santander e Telefónica Open Future veñen de xuntar forzas para pór en marcha unha nova edición do Reto Edison, un concurso de ideas que inclúe formación, fornece hardware e impulsa con mecenado os proxectos dos seus participantes. Os gañadores presentarán os seus proxectos, baseados na placa Intel Edison, ante o xurado do certame na próxima edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que se celebra en Madrid do 1 ao 3 de decembro. Trátase da segunda edición do desafío, cuxo obxectivo é a procura de solucións innovadoras sobre a potencialidade dos módulos Edison no novo mercado da Internet das Cousas.
Aos participantes desta nova convocatoria exporánselles catro retos en Eficiencia Enerxética, Turismo, Novos servizos dixitais e Innovación aberta. Á súa vez, os participantes estarán divididos en dúas categorías; Empresas e profesionais, para PEME, start-ups e autónomos que presenten un prototipo funcional, e Promesas para estudantes e desenvolvedores que opten por unha idea orixinal.
Durante o mes de outubro levaranse a cabo seis obradoiros en diferentes cidades de España, entre as que se contan Madrid, Bilbao, Málaga, Zaragoza ou Barcelona. O obxectivo destas citas é “capitalizar a oportunidade que brinda a Internet das Cousas, fomentando a innovación e a creatividade neses retos expostos polas compañías participantes”. Cada un dos obradoiros, impartidos por Movilforum, está pensado para un máximo de 50 asistentes, que recibirán gratuitamente un módulo Intel Edison que lles axudará a desenvolver a súa proposta de face ao certame final. A asistencia a estes workshops non é un requisito indispensable para participar no Reto Edison.
Tras eles, comezará o proceso de selección das ideas orixinais e dos prototipos con Intel Edison na plataforma Openfuture.org, onde os participantes poderán aloxar unha presentación de tres minutos sobre cadansúas achegas. Esta etapa arrincará o 15 de setembro e ten como data límite o 16 de novembro. De entre todos os proxectos presentados seleccionaranse oito gañadores, cuxos autores terán que facer unha presentación final na vindeira edición de FICOD, o salón da economía dixital promovido polo Ministerio de Industria a través de Red.es. Haberá catro gañadores da categoría Empresas e profesionais, e catro gañadores da categoría Promesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?