Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada no Campus de Lugo unha aplicación que avalía a competitividade das nosas explotacións gandeiras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada no Campus de Lugo unha aplicación que avalía a competitividade das nosas explotacións gandeiras

Redacción
Publicado: 29/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_gcorral-2.jpgO edificio Cactus do Campus de Lugo vén de acoller a presentación dunha ferramenta informática baseada nos fundamentos da lóxica difusa para avaliar a competitividade das nosas explotacións gandeiras. Segundo fixo saber o autor do traballo, o agrónomo lucense Álvaro García Corral, a cuarta parte das granxas galegas de vacún de carne non son rendibles sen apoio público. Ademais, amosan un grao de profesionalización “moi baixo”. Estes datos extraéronse, precisamente, da posta en práctica do seu recurso tecnolóxico de análise.
A investigación de García Corral foi dirixida polos profesores Francisco Sineiro e Ricardo Bendaña e leva por título Análise e tipificación de explotacións de bovino de carne en Galicia mediante un método baseado na lóxica difusa. No traballo proponse como dixemos unha aplicación informática para aplicar unha metodoloxía de análise e tipificación das explotacións gandeiras baseada na lóxica difusa.
A ferramenta, reflicte a USC, é de libre acceso e abrangue o procesamento de ata 250 regras diferentes, “co que simula o razoamento dun experto mediante unha secuencia de algoritmos”, explicou o seu autor, que engade que outra das vantaxes é que pode ser empregada por persoas sen coñecementos previos de informática, “xa que a acción do usuario limítase a introducir os valores correspondentes a unha determinada explotación, tralo que recibe de xeito automático unha valoración da súa competitividade e das variables asociadas a ela”.
A aplicación, unha vez deseñada, foi posta a proba para examinar a fondo a actividade económica das explotacións de vacas de carne adheridas en Galicia ao Contrato de Explotación Sostible, un estudo co que se clasificaron as ganderías en tres grupos. O primeiro, que abrangue un 25% das 128 explotacións analizadas, caracterízase pola baixa profesionalización, nula rendibilidade e dependencia de subvencións públicas. As características que definen o segundo grupo, que inclúe o 32% das explotacións estudadas, son que se trata de “granxas viables desde o punto de vista económico, aínda que cun grao de rendibilidade moi baixo”. As do terceiro ámbito (o 43%) teñen capacidade para competir por consumos intermedios, soportan o custe laboral dun traballador a tempo completo e poden ser actividade principal na renda familiar, informou García Corral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?