Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seleccionados cinco proxectos na xeira de descubrimento de iniciativas do Clúster TIC Capital Network
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seleccionados cinco proxectos na xeira de descubrimento de iniciativas do Clúster TIC Capital Network

Redacción
Publicado: 30/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccn2015.jpgOnte tiña lugar a Xornada de Descubrimento de Proxectos Clúster TIC Capital Network, levada a cabo polo Clúster TIC Galicia, e nela déronse a coñecer e puxéronse en contacto a emprendedores TIC e investidores, o cal se traduciu nunha nova oportunidade para dar apoio á creación e ao medre de empresas de base tecnolóxica en Galicia. Así, presentáronse 13 proxectos dos que foron seleccionados 5 que tiveron a oportunidade de expoñer as súas ideas e modelos de negocio perante o Club de Investidores do Clúster TIC Galicia e outros investidores públicos e privados participantes na xornada. Todos os proxectos que se presentaron a esta edición, seleccionados ou non, pasarán a formar parte das iniciativas en seguimento do Club de Investidores do Clúster TIC.
Os proxectos que se presentaron na xornada de onte foron: Councilbox, que ten como obxectivo a participación e celebración de xuntas e reunións societarias a distancia; Domesting, que procura facilitar a conciliación familiar-laboral cunha ferramenta que simplifica a contratación de profesionais da atención domiciliaria; Nubings, unha solución que pretende ser un referente en IoT (Internet das Cousas) e na que se amorea o control da seguridade, comodidade e xestión enerxética do foga;. Tastelab, preséntase como unha consultora especializada no sector alimentario, poñendo na súa mira aos departamentos de mercadotecnia, calidade, produción e I+D; e Versabotics Technologies, unha startup que axiliza os procesos na robótica industrial.
A cantidade que solicitan vai dende os 50.000€ ata os 450.000€ e, de xeito agrupado, a contía que buscan estes 5 proxectos é de preto de 1 millón de euros.
Cómpre dicir que no mes de novembro era constituído o Club de Investidores no que participan, ata o momento, oito empresas socias: Altia Consultores, Bahía Software, Clictic, Imatia Innovation, Grupo Itelsis, JDLV Inversores, Plexus e R; que van investir, cada un, un mínimo anual de 50.000€ en startups galegas baseadas nas tecnoloxías da información e das comunicacións. Amais de apoio financeiro, o Club dá asesoramento en áreas técnicas e de xestión aos proxectos empresariais incipientes.
O primeiro investimento do Club fíxose o pasado mes de maio no proxecto empresarial CENTUM Research&Technology, unha compañía especializada no deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas aeronáuticos de misión, que se dirixen principalmente a operacións no ámbito das Emerxencias e a Seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?