Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo amosa o pouco proveito pedagóxico que se tira de Twitter na docencia da comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo amosa o pouco proveito pedagóxico que se tira de Twitter na docencia da comunicación

Redacción
Publicado: 30/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

twitter_2.jpgUsan os profesores as redes sociais? Úsanas para o ensino o para interactuar co alumnado? Segundo un estudo feito por investigadores da Universidade Internacional da Rioxa, os profesores de comunicación non empregan Twitter, malia o seu potencial, nin para unha cousa (para o reforzar o ensino) nin para a outra (interactuar). Iso si, empregan a dita rede social para divulgar os resultados dos seus traballos e amosar os datos das investigacións alleas. Asemade, tiran partido de Twitter coa arela de facer visibles datos de consulta. E aí remata a cousa.
A investigación da que se se extraen estes datos, liderada polo experto en comunicación e sociedade dixital Francisco Segado, apoiouse nunha enquisa a 211 membros dos departamentos de comunicación de diferentes facultades de universidades de toda España. Entre outras cousas extraeuse dela que “existe unha correlación directa entre os labores de divulgación e a consecución de reputación”. O 56,5% dos enquisados que comparten decote os seus resultados de investigación, usan Twitter para obter visibilidade. Con todo, non adoitan pedir axuda sobre os temas que están a tratar e son “moi remisos” a citar as investigacións que atopan nesta rede (un 37,9%).
Para os autores do traballo, está claro que Twitter úsase e moito, pero sobre todo a través duns devezos de interese propio e cun cariz egoísta. “Quérese que se saiba o que facemos, obter referencias, pero somos máis remisos a axudar ou ofrecer asesoramento”, sinala Segado, que engade que a investigación reflicte que “poucos docentes de comunicación ven a rede social como unha ferramenta para compartir coñecemento, axudar ou manter o contacto cos alumnos”. Así, o 69,1% aseguran que nunca ou case nunca resolven dúbidas nesta plataforma e o 50% non comparte material pedagóxico cos membros.
O estudo, iso si, amosa varias diferenzas entre os facultativos máis novos e os máis veteranos. O 60% dos membros máis novos dos departamentos de comunicación (20-30 anos) perciben a rede como unha fonte para atopar recursos, mentres que o 42,2% de docentes veteranos (entre 41 e 50 anos) nunca usaron esta rede con este propósito. Boa parte dos primeiros confesaron ter citado artigos que viron en Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?