Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, convocados por AETG/COETG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, convocados por AETG/COETG

Redacción
Publicado: 31/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Os premiados na edición 2014 dos galardóns
Os premiados na edición 2014 dos galardóns
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de fallar os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2015, que serán entregados no transcurso da XX Noite das Telecomunicacións de Galicia, que se celebrará, antes de rematar o ano, na Illa da Toxa.
O premio Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, foi para CO2 Smart Tech, S.A., pola súa contribución á creación de emprego, a súa expansión internacional e a consolidación do seu volume de negocio en amplos mercados.
O premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2015, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, recaeu en Alberto Rico Alvariño por Cognitive and signal processing techniques for improved spectrum exploitation in wireless communications A tese premiada expón técnicas que incrementan a eficiencia das redes sen fíos e aporta solucións ao problema de reutilización do espectro radioeléctrico, que ten un impacto fundamental no desenvolvemento socioeconómico. Unha mostra da súa aplicabilidade é que os resultados desenvolvidos foron licenciados para o uso da Axencia Espacial Europea nos seus proxectos e estándares
O premio INEO ao produto ou servizo TEIC orientado á Internet das Cousas, e outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, foille concedido a Consultores Tecnológicos Industriales de Galicia, S.L. polo proxecto Open Framework i3. V4.0, un sistema aberto para a extensión da automatización de procesos a partes do sistema produtivo industrial no que aínda non estaban implantados. O xurado, valorou este sistema como unha innovación de aplicación práctica na empresa, que xa está dispoñible comercialmente.

O premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, en colaboración coa AMTEGA, recaeu nas Aulas Interactivas para a estimulación cognitiva de alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de Down Galicia. O galardón recoñece o carácter innovador da idea, a súa viabilidade e aplicabilidade pragmática e a súa contribución ao acceso ás TIC e a inclusión dixital
O premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, concedéuselle a Retegal, polo seu esforzo e dedicación en pechar a fenda dixital na nosa comunidade. A compañía galardoada despregou unha infraestrutura tecnolóxica que ofrece unha ampla cobertura, a pesar da difícil orografía de Galicia, e permite prestar servizos que van dende a radio e televisión ata o sistema Tetra de comunicación para emerxencias.
O premio Socio de Honra 2015, da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, foi para a Asociación PuntoGal pola súa contribución á visibilidade, na Rede, da lingua, a cultura e a identidade de Galicia.
Por último, o premio Enxeñeiro do Ano 2015 do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia recaeu en José María Pousada Carballo pola súa contribución á difusión das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Galicia, primeiro como director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, e posteriormente como director do Centro Universitario de la Defensa, na Escola Naval Militar de Marín.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?