Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 25% dos 309 proxectos presentados en VíaGalicia son proxectos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 25% dos 309 proxectos presentados en VíaGalicia son proxectos TIC

Redacción
Publicado: 03/08/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

viavigo_11139983_407268869467192_863675030756252381_n.jpgPechado o prazo para a inscrición de iniciativas na terceira convocatoria da aceleradora VíaVigo, que agora pasa a chamarse tamén VíaGalicia trala incorporación de Lugo e contorna no seu radio de alcance, a participación saldouse con 309 ideas de negocio concorrendo. A cifra, informa a organización, supón un récord de candidaturas con respecto ás anteriores edicións, significando un medre do 58,46 por cento en relación ás 195 inscricións rexistradas na pasada segunda edición. Os 309 proxectos presentados aspiran todos eles, apoiándose en VíaGalicia, a converterse en empresas de éxito. Un de cada catro, por certo, están ligados ás TIC.
viavigo_10385465_315899161937497_3293175186067933135_n.jpgDo total de presentacións, un 29,45 por cento corresponden a ideas que optaron por realizar as tres primeiras fases do programa na sede de Lugo, xa que os emprendedores, a través da plataforma VíaVigo e viagalicia.gal, puideron escoller entre as dúas localizacións. Nesta edición, aos emprendedores que fagan a fase de academia na sede de Lugo e pasen á fase final de aceleración (en Nigrán), facilitaránselles 5.000 euros para sufragar os gastos de desprazamento a Porto do Molle.
Estes e outros datos foron dados a coñecer o pasado venres 31 polo comité técnico de VíaGalicia, que salientou que “unha alta porcentaxe dos proxectos presenta unha gran calidade na súa proposta, cunha boa identificación da oportunidade de negocio, con elementos diferenciais nas súas solucións que trasladan unha proposta de valor aos seus potenciais clientes e cun modelo de negocio definido a priori sobre o que pivotar a nova empresa ao longo do programa de aceleración”.
viavigo_11041680_398109393716473_186795205535375479_o.jpgEn relación ao ámbito sectorial das devanditas candidaturas, constátase que un 24,92 por cento das mesmas están directamente ligadas con Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). No que atinxe ao ámbito tecnolóxico, un 50,16% das candidaturas sustentan a súa proposta de valor en desenvolvementos TIC.
Sinalar tamén que nesta 3ª edición do programa ViaGalicia|ViaVigo que organizan novamente o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Goberno galego os 15 proxectos que sexan seleccionados para a fase de aceleración accederán ata a un máximo de 125.000 euros en forma de capital semente baixo as seguintes modalidades de financiamento: unha subvención a fondo perdido da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de ata un máximo de 25.000 euros, ampliable en 5.000 euros para aqueles proxectos rexistrados inicialmente na sede de Lugo; un préstamo participativo con opción de capitalización de XesGalicia, sociedade de capital risco vinculada á Xunta de Galicia, de ata un máximo de 50.000 euros; e un préstamo participativo con opción de capitalización de Vigo Activo, sociedade de capital risco vinculada ao Consorcio Zona Franca de Vigo, de ata un máximo de 50.000 euros. En setembro, o comité técnico preseleccionará 40 ideas de negocios por cada sede entre os que mellor respondan “aos criterios de innovación, acelerabilidade e investibilidade”. No seguinte paso, cada grupo dos corenta seleccionados pasará a participar no Startup Day que terá lugar en Lugo e Vigo nunha xornada na que se seleccionarán os seguintes 20 mellores proxectos que poderán continuar nas dúas Academias e dos que, noutra avaliación, sairán os 15 finalistas para a fase de Aceleradora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?