Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Camiño 2.0 de Óscar de Toro foi seguido por máis de un millón de persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Camiño 2.0 de Óscar de Toro foi seguido por máis de un millón de persoas

Redacción
Publicado: 04/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oscar_de_toro_on_the_way.jpgA experiencia do hostaleiro compostelán Óscar de Toro no Camiño de Santiago (o reto #OscarOnTheWay organizado por Galicia Calidade do que falamos os días pasados en Código Cero con motivo da súa preparación) acadou finalmente unhas cifras moi salientables de seguimento: máis de un millón de persoas atenderon de preto ao seu percorrido polo Camiño (o real) a través das tecnoloxías 2.0 (virtuais). Como lembraremos, o seu desafío consistiu nun percorrido (dende o Cebreiro ata a Praza do Obradoiro o día 25) no que xogaron “un papel fundamental” as redes sociais, amais dos propios peregrinos. Durante os sete días de itinerario difundiuse de continuo na Internet e nos servizos 2.0 todo o relativo aos detalles da experiencia viaxeira.
queixo_on_the_way.jpgAmais de ter acadado a cifra do millón de persoas seguindo a súa traxectoria e informándose das súas vivencias, o hostaleiro compostelán logrou a cifra nada desprezable dos once millóns de impactos a través das súas publicacións. Estes e outros éxitos, segundo se reflicte na Rede, é ben posible que animen ao protagonista da historia a achegar continuidade á experiencia, “por ser algo que os peregrinos precisan e demandan”.
A iniciativa, como lembraremos, dirixiuse a promover os produtos galegos entre os peregrinos a través das redes sociais durante o percorrido do Camiño de Santiago. Na canle de YouTube de Galicia Calidade, para quen queira afondar en que consistiron estas actividades de promoción, hai unha serie de vídeos que amosan ao detalle como se desenvolveu o labor de reivindicación dos nosos produtos. Porén, os grandes piares web da iniciativa foron os espazos propios de Facebook, de Instagram e de Twitter baixo o cancelo #OscarOnTheWay.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?