Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos consultar en liña que praia conta con 4G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos consultar en liña que praia conta con 4G

Redacción
Publicado: 04/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil_praia-2.jpgPara algúns, os máis seareiros, xa non abonda con que unha praia sexa fermosa e acolledora, o ideal (que non quita o devandito) é que teña tamén boa conexión e boa cobertura. Esta cuestión colle folgos se temos en conta o esforzo que están a facer as compañías por fornecer este verán 4G na maior cantidade posible de contornas turísticas, e co engadido de extra de poder facelo a través da banda dos 800 (despexada para o 4G logo do Dividendo Dixital). A pregunta que se poden facer os turistas a estas alturas é a seguinte: Como saber cal areal ten as mellores condicións? Ou tamén: Cal das praias que temos ao noso alcance terán cobertura LTE do noso operador? Segundo puidemos saber, xa hai algún que outro recurso para recadar información deste tipo.
Por exemplo a listaxe cumprida que fornecen dende Móvilzona e que consiste nunha relación das praias onde este verán é unha realidade a tecnoloxía 4G ofrecida polos operadores Movistar, Vodafone e Orange, cubríndose boa parte da costa estatal. No que atinxe á nosa beira do mar, Vodafone achega a devandita tecnoloxía en 27 praias da Coruña, cinco de Lugo e 15 de Pontevedra. Polo que respecta a Orange, trátase dunha listaxe de areais semellante en número e localización, aínda que menos específica (figuran por concello e non por nome da praia): 25 na costa da Coruña, seis na de Lugo e 17 na de Pontevedra. No caso de Movistar, sinalar que conta con cobertura en LTE en 1.618 areais das 3.469 que ten rexistrados o Estado. Das 577 que contan arestora con bandeira azul, arredor de 400 teñen 4G. A operadora ten na Rede un mapa onde é posible saber cal é a praia máis próxima con cobertura da dita tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?