Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta axiliza a implantación do Expediente Xudicial Electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta axiliza a implantación do Expediente Xudicial Electrónico

Redacción
Publicado: 06/08/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20150806_xunta_03.jpgO Plan Senda 2020 establece as medidas para que a Administración de Xustiza en Galicia poida afrontar os retos derivados da implantación do novo modelo organizativo xudicial e do expediente xudicial electrónico. O II Plan tecnolóxico da Administración da Xustiza en Galicia, aprobado hoxe no Consello da Xunta, busca acadar unha xustiza máis próxima e transparente, máis eficiente grazas á xestión electrónica e segura.
Un dos obxectivos estratéxicos do plan é a implantación efectiva do expediente xudicial electrónico (EXE). Xa neste ano poranse en marcha tres pezas chave do EXE, a sede xudicial electrónica, o visor do expediente xudicial e o sistema de xestión de arquivos físicos e pezas de convicción.
O plan está elaborado pola AMTEGA, en coordinación coa Vicepresidencia da Xunta, e enmarcado na Axenda Dixital de Galicia 2020. Conta cun investimento previsto de 26,6 millóns de euros para os próximos cinco anos, que se suman aos máis de 23 investidos desde 2009 no primeiro Plan Senda. Os avances conseguidos nestes anos permiten abordar as medidas previstas nos catro eixos que determina o novo plan.

Contidos
  • Unha xustiza centrada nas persoas, nos cidadáns e nos profesionais
  • Xestión eficiente da actividade xudicial
  • Infraestrutura tecnolóxica e medios TIC

Unha xustiza centrada nas persoas, nos cidadáns e nos profesionais

A finais de ano porase en marcha a sede xudicial electrónica, que nunha primeira fase permitirá a presentación de procedementos monitorios. O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos dixitais do ámbito xudicial: a presentación telemática de escritos, a validación de documentos, taboleiro de edictos, notificacións electrónicas, poxas xudiciais ou o acceso seguro aos expedientes dos procesos xudiciais en que se é parte.
O acceso á sede estará dispoñible no portal eXustiza, que ampliará os seus servizos e contidos para converterse na porta de acceso de cidadáns e profesionais á Administración de Xustiza en Galicia. O plan impulsará, ademais, novos modelos de comunicación e acceso á información, reforzando os medios tecnolóxicos das oficinas de atención aos cidadáns e ás vítimas.
Os máis de 3.300 empregados da Administración da Xustiza son os outros destinatarios do plan, que prevé a creación do posto de traballo dixital, cun conxunto de solucións adaptadas a cada perfil que permitan o acceso seguro á información en calquera momento, incluso fóra da rede corporativa e a través do uso de solucións en mobilidade. Ademais, Lexnet consolidarase como a canle de comunicación entre todos os profesionais do eido xudicial.

Xestión eficiente da actividade xudicial

Un dos obxectivos estratéxicos do Plan Senda 2020 é lograr a implantación efectiva do expediente xudicial electrónico (EXE), que permitirá a tramitación completa dun procedemento por medios telemáticos, nun marco de interoperabilidade con outras entidades do ámbito xudicial.
Este ano poranse en marcha tres pezas chave do EXE, a sede xudicial Electrónica, o visor do expediente xudicial electrónico e o sistema de xestión de arquivos físicos e pezas de convicción. O visor permitirá a consulta dos expedientes dende dispositivos electrónicos e en función dos usuarios e das súas competencias.
O sistema de xestión de arquivos físicos e pezas de convicción permitirá a localización de calquera expediente en papel en calquera sede xudicial, así como a identificación e xestión dos bens incautados nun procedemento xudicial, facilitando aos cidadáns os servizos para que poidan identificar estes bens e tramitar a súa devolución.
O Plan Senda 2020 recolle tamén a evolución dos sistemas de xestión da actividade xudicial (sistemas para a xestión procesual, fiscalía, Imelga, asistencia xurídica gratuíta) para adaptar as súas funcionalidades ao novo contexto dixital.

Infraestrutura tecnolóxica e medios TIC

A implantación do expediente xudicial electrónico require da dotación das infraestruturas tecnolóxicas adecuadas.
As primeiras medidas que se adoptarán neste ámbito son, por tanto, a dotación de medios para adecuación das salas de vista e oficinas xudiciais ao uso do expediente xudicial electrónico. En 2020 o 100% das salas de vistas contarán co equipamento necesario para acceder ao expediente xudicial electrónico.
Así mesmo, investirase na universalización da videoconferencia como medio para mellorar as comunicación e eliminar a totalidade de desprazamentos innecesarios dos distintos axentes que participan nun procedemento xudicial.
Ademais, completarse o proceso de centralización da información xudicial e das solucións da administración de Xustiza no Centro de Datos Integral (CPDI) de Galicia que comezou durante o plan Senda 2014, o que reporta importantes vantaxes de seguridade, dispoñibilidade dos servizos, eficiencia enerxética, escalabilidade e flexibilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?