Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google e Indra xuntan experiencia tecnolóxica de cara a mellorar o servizo a usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google e Indra xuntan experiencia tecnolóxica de cara a mellorar o servizo a usuarios

Redacción
Publicado: 06/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

indra-3.jpgGoogle e Indra amosaron esta semana os detalles do seu acordo para impulsar a experiencia dixital dos clientes das dúas empresas botando man das cadansúas tecnoloxías máis avanzadas. Segundo fixeron saber os responsables das multinacionais (Google de raizame norteamericana, Indra española) o obxectivo final da alianza é dar forma á primeira plataforma empresarial como servizo que bota man dos recursos de ámbalas dúas firmas. Esta plataforma chamarase GHybrid Engine e mestura como dixemos os seus respectivos achados no ámbito da nube.
Indra, máis polo miúdo, contribuirá con Indra GPaaS, paquete de solucións cloud que acubilla, entre outras cousas, todo o preciso para deseñar e distribuír comercialmente todo tipo de ferramentas tecnolóxicas accesibles como servizo (sexa cal sexa a súa complexidade) dende calquera lugar e en calquera intre (base da computación na nube).
Segundo confirmaron Google e Indra, búscase achegar aos usuarios un feixe de solucións que cinga os beneficios dos modelos acubillados en nubes privadas e nubes públicas. Segundo fixo saber ao xornal CincoDías o director do Centro Tecnolóxico Cloud de Indra, Alfonso Ríos, “con esta oferta os clientes poderán acceder a un modelo híbrido que lles permitirá usar tanto os seus propios centros de datos como servidores públicos a demanda para mover información e crear valor, podéndoos controlar e xestionar dunha maneira automatizada”. Ríos engade que os servizos que van pór en xogo polas dúas empresas fornecerán a firmas de calquera envergadura a ocasión “de optimizar os seus recursos e custos operacionais, automatizar procesos, controlar a súa propia información dunha maneira unificada e incrementar a súa capacidade de negociación ao xestionar diferentes nubes públicas (Amazon Web Services, VMWare RackSpace, entre outros) e privadas de forma transparente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?