Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Multiplícase por 2,8 o volume de malware móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Multiplícase por 2,8 o volume de malware móbil

Redacción
Publicado: 06/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil_moza.jpgA cifra de ataques bancarios cuxo obxectivo son os dispositivos móbiles vén de experimentar un novo medre. Segundo detectou Kaspersky Lab este segundo trimestre de 2015 o número de novos programas de malware móbil foi de 291.800, un 2,8 veces a cantidade acadada no período anterior. Tamén se rexistraron 1.000.000 de paquetes de instalación de programas maliciosos móbiles, que son 7 veces máis. Este tipo de presenzas seguen sendo unha das principais ameazas móbiles, sinala Kaspersky.
En termos máis concretos, a empresa de seguridade asegura que no primeiro trimestre o protagonista foi o troiano Trojan-SMS.AndroidOS.OpFake.cc, que era quen de atacar como mínimo a 29 bancos e institucións financeiras. A versión máis recente deste malware pode afectar negativamente a 114 institucións bancarias e financeiras, engade a firma, que sinala que o seu principal obxectivo é roubar as credenciais de inicio de sesión do usuario co que atacar varias aplicacións de correo electrónico máis populares, entre outros servizos.
O informe tamén destaca a dubidosa traxectoria deixada no primeiro trimestre polo Trojan-Spy.AndroidOS.SmsThief.fc, cuxos creadores aproveitaron o seu código para integralo nunha aplicación bancaria lexítima, sen afectar o seu funcionamento, “polo que se fixo máis difícil detectar este troiano”. Tamén se salienta o papel do Trojan.IphoneOS.FakeTimer, un malware sobre todo para iOS que guinda ataques contra os dispositivos e que busca suplantar identidades para roubar diñeiro. Tivo especial incidencia entre os usuarios de Xapón.
RiskTool (44,6%), pola súa banda, lidera a estatística dos programas maliciosos para dispositivos móbiles detectados no segundo trimestre de 2015. No segundo posto está a categoría Adware, formada por programas publicitarios no móbil potencialmente indesexables (19%). Os troianos SMS deixaron de liderar esta listaxe e no segundo trimestre ocuparon o cuarto posto cun 8,1%. “A redución desta porcentaxe”, explica a compañía, “ten que ver co feito de que os programadores que antes os espallaban masivamente comezaron a empregar métodos máis transparentes de monetización, do que dá fe o medre da porcentaxe de RiskTool”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?