Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CNMC anuncia máis medidas de protección para os usuarios de números de tarificación adicional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CNMC anuncia máis medidas de protección para os usuarios de números de tarificación adicional

Redacción
Publicado: 07/08/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tarificacion_adicional.jpgRespecto dos servizos de tarificado adicional, que son os números con custe superior ao dunha chamada convencional (estamos obrigados a aboar o seu custe sen importar a tarifa plana que teñamos contratada), seguen a ser un terreo pendente de regular e ordenar. Co obxectivo de fornecer máis protección para os usuarios destes servizos, accidentais ou non, a Comisión para o Mercado das Telecomunicacións (CNMC) vén de anunciar a vindeira unificación de toda a normativa aplicable a este tipo de números, incorporando máis medidas para salvagardar os dereitos dos cidadáns e, sobre todo, as súas economías.
En termos concretos, a Comisión publicou o seu informe en formato PDF sobre o proxecto para atribuír recursos públicos de numeración aos servizos de contabilización engadida emprestados a través de chamadas telefónicas, fixándose condicións para o seu uso. Este texto, sinala a entidade, implica “a refundición da normativa das diferentes modalidades de servizos ata o de agora dispersa”. O proxecto de orde establece as condicións básicas esixibles para o acceso a estes servizos. Entre outras outras, colleita e integra as diferentes modalidades de números detalladas nas resolucións 80E, 905 e 907.
A través da nova normativa, para entendérmonos, incorpóranse medidas de protección como a obriga de informaren as empresas da natureza do servizo na locución inicial e a duración máxima de media hora nas chamadas. Deste xeito, a CNMC propón manter a responsabilidade do axente que achega servizos de contabilización adicional de interromper a comunicación cando esta chegue á duración máxima de 30 minutos, e permitir tamén ao operador o devandito corte. A entidade, como dixemos, tamén proxecta obrigar á inclusión dunha descrición detallada sobre cada número desta índole e as súas características, especificando o sistema de tarificado que veñen empregando os operadores. Desta maneira, para chamadas inferiores a 20 segundos só se contabilizará o servizo soporte e para as chamadas superiores de 20 segundos contabilizarase tanto o servizo soporte como o de valor engadido.
Outra das achegas será a de prohibir a través destes números o fornecemento de servizos de atención ao cliente. Tamén se obrigará a incluír o dereito á desconexión dos abonados deste tipo de números.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?