Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft lanza unha ferramenta para adaptar aplicacións de iOS a Windows
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft lanza unha ferramenta para adaptar aplicacións de iOS a Windows

Redacción
Publicado: 07/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

river-how-to-stream-xbox-games-to-a-windows-10-pc.jpgMicrosoft vén de presentar unha ferramenta de software libre para permitir afacer aplicacións do sistema iOS ás características e requirimentos de Windows. A ferramenta en cuestión, Windows Bridge para iOS, é especialmente acaida para desenvolvedores, e sobre todo para permitirlles ampliar horizontes e escenarios de actividade. A tecnoloxía xa foi anunciada na pasada edición de Build, onde Microsoft dixo querer “axudar aos desenvolvedores a chegar a millóns de usuarios a través da nova plataforma de Windows achegándolles un kit de desenvolvemento de software para web, escritorio, Android e iOS”.
Windows Bridge para iOS (previamente coñecido como Project Islandwood) é un proxecto de código aberto en GitHub baixo licenza MIT e conta con soporte para aplicacións de Windows 8.1 e Windows 10 deseñadas para arquitecturas de procesadores x86 e x64. No outono, sinalan os responsables da compañía, engadiranse optimizacións de compilador e soporte para procesadores ARM orientados a dispositivos móbiles.
Windows Bridge para iOS, segundo se conta, responde a unha necesidade concreta de Microsoft, que é a de facerse con aplicacións que lle axuden a impulsar a súa plataforma móbil, integrada con escritorio en Windows 10. Salmaan Ahmed, responsable do equipo de Microsoft encargado de Windows Bridge, sinalou que o obxectivo é “crear aplicacións novas tentando maximizar o traballo xa realizado previamente en iOS”. Ou sexa, que do que se trata é de permitir que recursos feitos para outras contornas e pasadas polo filtro da nova aplicación pasen a ser, tamén, aplicacións en aparencia (e no fondo) Windows.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?