Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar e Orange amosaron en xullo cifras semellantes de perdas en portabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar e Orange amosaron en xullo cifras semellantes de perdas en portabilidade

Redacción
Publicado: 07/08/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Deixando atrás o mes de xullo, chégannos as cifras das portabilidades dos principais operadores de telecomunicacións do pasado mes. Deste xeito e segundo se desprende dos recontos, os tres grandes operadores volven situarse no cumio rexistrando cifras negativas, case empatando Movistar e Orange. Con todo, a de France Telecom ten as boas cifras de Jazztel na súa conta. Se falamos de Movistar, e o comparamos co que acontecía hai un ano, o operador non sae moi prexudicado, pois no 2014 perdía a estas alturas do ano máis de 70.000 clientes de servizos móbiles, unha cifra que se reduciu drasticamente ata unhas 27.000 liñas en negativo.
Pola súa banda, Vodafone comeza a sumarse tantos grazas a Ono (+9.300), aínda que o balance é negativo, pois perdeu 37.000 clientes e, pola súa banda, Orange perdeu 24.000, que quedarían compensadas coas recibidas por parte de Jazztel.
En canto á tarifa SinFín de Yoigo, é a que xustifica o medre mensual do operador, que por outra banda leva un ritmo semellante durante os últimos meses. Cómpre dicir que a compañía decidiu retirar esta oferta de 20GB e chamadas ilimitadas por menos de 30 euros ao mes, o que se cadra mude de xeito drástico a súa situación nos vindeiros meses.
Á parte están os operadores sen rede propia, dos que a maior parte pasaron o mes de xullo sen moitos cambios. Emporiso, cómpre salientar as cifras de Lowi e Simyo, de Vodafone e Orange respectivamente, que sumaron 8.000 e 7.700 novos clientes á súa carteira. Tuenti non tivo un bo mes con máis de 300 clientes perdidos, o que se pode interpretar como a necesidade de renovar algunhas tarifas, e Lebara levouse o peor valor do mes (de falarmos de operadores móbiles virtuais) rexistrando máis de 1.000 clientes perdidos. Por último, Pepephone, xa coa situación estabilizada arredor da súa cobertura 4G, rexistra 850 novos clientes.

Portabilidade xullo 2015

Movistar -27000
Vodafone -37000
Orange -24000
ONO 9300
Yoigo 19700
Jazztel 24000
Simyo 7700
Lowi 8000
Euskaltel 5000
MasMóvil (+Happy Móvil) 4200
R 3200
Digi 1900
Pepephone 850
Telecable 1200
Oceans 1100
Tuenti -320
Hits 70
Carrefour -80
Dia -110
Eroski -540
Lebara -1100
Lycamobile -900

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?