Indonesia estreará este mes 3 terminais con Android OneCando o ano pasado comezaron a venderse smartphones dentro do programa Android One, a decepción foi bastante grande, pois aínda que estariamos ante terminais comparables á familia Nexus no que a actualizacións de software se refire, a nivel de hardware e prezos quedaron bastante curtos, xa que as prestacións eran demasiado limitadas e os prezos estaban pouco axustados (na liña do que ofrece normalmente o mercado, e con bastantes terminais equivalentes a mellores prezos) o que parece estar a levar a Google a reformular esta estratexia, e segundo apunta o Financial Times, estarían a traballar nunha nova xeración de dispositivos Android One que buscarían chegar ao público ofrecéndose a un prezo duns 50 dólares, como un xeito de estandarizar os smartphones de baixo custo cunhas prestacións mínimas normalizadas, de xeito que, quen non poida pagar un smartphone mellor non teña que padecer grandes carencias. Espérase que a renovación de Android One vexa a luz nas vindeiras semanas, o que resultará especialmente interesante para mercados emerxentes como a India ou incluso o Brasil.