Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Privatbank facilitará o salto de SetPay ao mercado portugués
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Privatbank facilitará o salto de SetPay ao mercado portugués

Redacción
Publicado: 10/08/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

setpay.jpgA empresa galega SetPay leva un par de anos facilitando o pagamento mediante tarxetas bancarias en mobilidade, e dentro dos seus procesos de internacionalización vén de anunciar que o banco alemán Privatbank avalará as súas operacións financeiras dentro da Unión Europea a través dun acordo que facilitará o seu espallamento internacional nun curto tempo, con especial atención a Portugal, e alcanzar así un rápido crecemento a medio prazo.
Privatbank, unha das entidades máis antigas de Alemaña, é unha compañía que destaca por apostar fortemente pola innovación nos últimos anos, ampliando a súa carteira de servizos online e avalando novas solucións de pagamento. A colaboración coa galega SetPay encóntrase dentro da súa estratexia de I+D+I internacional, establecendo desta forma sólidos lazos coa comercialización de TPV móbiles en España.
O acordo con Privatbank dá un novo pulo á compañía galega, que xa pon o seu punto de mira en Portugal. En palabras de David Pombar, director xeral da empresa, “a situación do mercado luso de medios de pagamento é máis favorable para o noso modelo, e a nosa proximidade cultural e lingüística facilítanos os primeiros pasos. Temos o respaldo financeiro e é un bo momento para crecer”.
Os primeiros clientes de SetPay xa están a usar os seus lectores, que se conectan a calquera smartphone ou tablet a través dunha sinxela aplicación móbil, para aceptar pagamentos en calquera lugar no que haxa cobertura de datos ou WIFI. Unha solución pensada para os negocios en mobilidade e autónomos que tamén podería substituír a calquera datáfono grazas á súa versatilidade e boas condicións económicas.
SetPay diferénciase doutros métodos de cobramento por tarxeta porque a contratación do servizo non ten custo de alta, nin cotas fixas mensuais, nin penalizacións por pouco uso, xa que unicamente se aboa comisión por cada transacción realizada. Outra gran vantaxe fronte a outras solucións de pagamento é que é multibanco, o que permite que os usuarios non teñan que cambiar as súas contas para comezar a usar o TPV.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?