Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Benestar diagnostica as necesidades TIC dos centros de maiores e de discapacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

Benestar diagnostica as necesidades TIC dos centros de maiores e de discapacidade

Redacción
Publicado: 14/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, vén de realizar un estudo por medio do cal se diagnosticaron as necesidades en materia TIC dos centros de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia que prestan servizos destinados, tanto a persoas maiores, como a persoas con discapacidade.
Trátase dun estudo que se levou a cabo a través do Instituto Tecnolóxico de Galicia e no que se contou coa participación de todos e cada un dos centros prestadores de servizos para persoas maiores e persoas con discapacidade que xestiona directamente o departamento autonómico, un total de 23.
O diagnóstico tivo por finalidade a análise das necesidades existentes na prestación do servizo, que sexan susceptibles dunha solución ou mellora a través das TIC, incidindo en aspectos relacionados coa vixilancia dos usuarios, control de errantes, accesibilidade, mellora na resposta e na atención directa.
As conclusións do estudo, que tiveron en conta a opinión e perspectiva de cada centro, puxeron de manifesto que os tres aspectos fundamentais teñen que ver coa seguridade dos usuarios en cuestións como a localización de errantes, control de visitas externas, control de habitacións e control nocturno; o desenvolvemento de actividades como a lavandería, dispensación de medicacións ou o control de constantes vitais; e o confort, tanto en zonas comúns como en zonas privadas.
O estudo analiza posibles solucións para dar resposta a cada unha das inquedanzas detectadas, tales como o uso de tecnoloxías non intrusivas de detección de proximidade, seguimento e localización para o control da circulación de usuarios en tempo real, sistemas sensoriais para a detección de condicións anómalas de temperatura ou de ruídos, tecnoloxías de comunicación entre traballadores, ou sistemas de recoñecemento de imaxe e control de constantes para o desenvolvemento dun programa personalizado, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?