Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa o smart commerce e o comercio en liña cun programa de axudas a comerciantes e artesáns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa o smart commerce e o comercio en liña cun programa de axudas a comerciantes e artesáns

Redacción
Publicado: 24/08/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Preto dun milleiro de comerciantes e artesáns galegos benefícianse das axudas por máis de 3 millóns de euros que vén de conceder a Consellería de Economía e Industria dentro do programa para impulsar o smart commerce e o comercio en liña, no cal obtiveron tamén apoios 5 federacións e asociacións do sector comercial e artesán.
Con estas axudas impulsaranse 450 proxectos de novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinan o comercio en liña e fóra de liña; que implican a utilización das redes sociais para a venda ou que avanzan no desenvolvemento do m-commerce; complementando así a experiencia de compra presencial dos consumidores cos diferentes canais comerciais.
Ademais, cos apoios que vén de conceder a Consellería de Economía e Industria desenvolveranse preto de 400 iniciativas centradas na implantación de ferramentas que melloran a xestión do negocio e o deseño dos seus produtos ou no desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetado; así como no desenvolvemento de novos produtos. Por outra banda, promoveranse máis de 1.000 proxectos centrados no acondicionamento de locais comercial e na mellora da imaxe exterior e a adquisición de moblaxe e equipamento.
Coa posta en marcha deste programa avánzase no establecemento do smart commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa o cliente no centro da súa estratexia, ámbito no que se centra o segundo dos retos do novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Así, neste segundo eixo apóstase por incrementar a innovación no sector como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando as vendas en internet e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación.
Precisamente entre os obxectivos que se fixan no novo Plan, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, está triplicar a porcentaxe de empresas de menos de 10 traballadores que venden na internet, alcanzando o 14%. Tamén se busca incrementar nun 15% os emprendedores que traballan no sector, ata chegar aos 60.800 en 2020; e aumentar nun 10% o número de comercios que se asocian para competir, chegando ata os 20.000.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?