Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Plataforma de Turismo Industrial impulsada pola Deputación da Coruña lanza web e app
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Plataforma de Turismo Industrial impulsada pola Deputación da Coruña lanza web e app

Redacción
Publicado: 01/09/2015
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

turismo_industrial_depu_coruna.jpgA Deputación da Coruña, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), puxo en marcha unha iniciativa de promoción turística que bota man das máis avanzadas tecnoloxías da información e convoca a empresas de toda a provincia para impulsar e fortalecer a actividade de seu. Segundo fai saber o organismo provincial, a iniciativa en cuestión coñécese como Plataforma de Turismo Industrial e nela participan xa, directamente, arredor de 70 firmas do sector. A achega conta con financiamento de fondos FEDER e o seu obxectivo, lembra a Deputación, é “promover as visitas turísticas, a venda de produtos autóctonos e a dinamización económica das comarcas”. A través da Plataforma véñense de habilitar unha web e unha aplicación nova para dispositivos intelixentes que permite aos visitantes obter información ou reservar visitas ás empresas.
A iniciativa, engade o organismo provincial, comezou a súa andaina a comezos do ano pasado, “con sesións de asesoramento e consultoría personalizada” que serviron entre outras cousas para xerar coñecemento sobre as empresas integradas e sobre as súas potencialidades. Agora, o proxecto chega ao último treito do camiño do seu desenvolvemento coa creación de rutas, experiencias e paquetes turísticos e coa difusión da plataforma a través dunha páxina web específica e dunha aplicación descargable para dispositivos intelixentes (xa dispoñible nas plataformas iOS e Android) nas que se ofrece ao usuario información detallada de cada un dos cinco “eixes turísticos” que conforman a oferta, e que se corresponden con cinco zonas xeográficas da provincia. Ambos recursos fornecen tamén información turística sobre aloxamentos e locais de hostalería, patrimonio cultural, artístico e etnográfico, paisaxes naturais ou museos en cada unha das zonas.
Respecto ás cinco zonas devanditas, sinalar que se corresponden con cinco rutas temáticas, unha das cales versa sobre Natureza e Enerxía e céntrase nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Estas bisbarras contan con 10 empresas implicadas no proxecto. “Nesta zona”, sinala a Deputación, “existe a posibilidade de visitar industrias, empresas de alimentación que traballan de xeito artesanal ou viveiros de plantas, o que se combina coa oferta natural que ofrece zona, con enclaves singulares como as Fragas do Eume ou a Serra da Capelada”.
Outro dos eixes temáticos é Construíndo o cotián e radícase na contorna do interior da Coruña e a comarca de Bergantiños. Nel concorren 21 empresas e baséase en potenciar o turismo industrial mediante visitas a PEME nas que se pode descubrir como son os procesos de manufactura e creación dunha manchea de produtos de uso diario, que van dende o traballo artesán dos oleiros de Buño, á creación de prendas téxtiles en Cambre, de cantería en Vilarmaior ou de vidro e metal en Vimianzo.
Outro dos fíos argumentais da proposta é O Mar e os seus oficios, con sede na Costa da Morte e Barbanza, e acubillando un total de oito empresas. Son firmas pertencentes sobre todo ao eido da alimentación e do mar e que permiten, a través deste proxecto, amosar actividades como o marisqueo do berberecho en Cabana de Bergantiños, o oficio das redeiras en Ponteceso, ou un secadoiro de congro en Muxía.
As Mariñas de Betanzos e a súa contorna achegan outro dos eixes da iniciativa, Reinventando a alimentación, no que participa unha ducia de firmas locais ligadas á alimentación e aos produtos ecolóxicos ou innovadores. Finalmente, o eixe Camiños de terra e auga xunta 18 empresas do sur da provincia, entre as comarcas de Compostela e interior coruñés, centrando fundamentalmente a súa oferta en visitas a industrias do sector agroalimentario, que ten incorporado en moitas ocasións novos sistemas de fabricación sen perder o valor da produción artesanal.

coruna_deputacion_turismo_industrial.jpg

Detalles sobre a aplicación

Na aplicación para dispositivos, sinala a Deputación, o usuario pode acceder á información de cada unha destas rutas temáticas e a información detallada das empresas participantes, incluíndo horarios, imaxes, datos de produción, mapas, historia, números de teléfono e enderezos de correo electrónico de contacto, etc. Tamén se fornece a posibilidade de reservar directamente visitas en función dos días e horarios habilitados por cada empresa.
A Deputación da Coruña, a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia que suporá un investimento de 33.000 euros, inicia agora unha nova etapa deste proxecto, que consistirá no asesoramento ás PEME para a sinalización dos distintos itinerarios polas factorías, na definición de rutas, creación de experiencias e paquetes turísticos e en campañas de formación para a implantación de plans de calidade e novas tecnoloxías aplicadas á xestión, comercialización e promoción dos produtos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?