Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dúas startups catalás entre as mellores iniciativas no certame sobre IoT de Telefónica Open Future
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dúas startups catalás entre as mellores iniciativas no certame sobre IoT de Telefónica Open Future

Redacción
Publicado: 01/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

internet_cousas.jpgTelefónica Open Future, a iniciativa global de impulso ao emprendemento na que se integra Galicia Open Future, vén de dar a coñecer os gañadores dun certame sobre Internet das Cousas (IoT) lanzado o pasado mes de marzo en Barcelona (no MWC2015) xunto con China Unicom e THTI (a plataforma de innovación da Universidade chinesa de Tsinghua). Segundo fai saber a operadora, os 8 proxectos gañadores disporán dun plan individualizado de aceleración con acceso ás incubadoras das 3 compañías en 17 países. Trátase das startups catalás Ubikwa e Zolertia, a chilena WiseConn e as chinesas Yaoyao, Mugeda, Vigo, Amesante e LoveLive. No concurso participaron 1.000 novas iniciativas de mercado de 16 países.
Polo que respecta ás dúas empresas estatais recoñecidas na fase final do certame, dicir que Ubikwa é a firma responsable de Smart Silo, unha solución de baixo custe e sen mantemento para o control remoto dos silos en graxas. Inclúe un escáner en tres dimensións para medir polo miúdo o volume e existencias do acubillo, “facilitando un mellor coñecemento do consumo dos pensos e da necesidade de aprovisionamento e unha mellor xestión xeral do stock, ademais de conectar a granxas e distribuidores de alimentos para animais facilitando e optimizando o subministración e a loxística”, sinala Telefónica, que engade que a súa implantación diminúe as emisións de CO2 ata nun 25%.
Polo que atinxe á catalá Zolertia, dicir que subministra tecnoloxía innovadora para resolver os problemas de recoller, conectar e transmitir datos a distancia cun ínfimo consumo de enerxía. O novo hardware de Zolertia, Re-Mote, está enfocado ao usuario, segundo explican fontes de Telefónica, que fai fincapé no feito de que a tecnoloxía permita conectar produtos e proxectos “de xeito máis rápido e eficaz, conseguindo facelo cun consumo enerxéticos 60 veces inferior ao habitual”.
Volvendo á totalidade dos proxectos gañadores e as vantaxes das que poderán gozar por terse imposto na iniciativa, sinalar que disporán dun plan específico adaptado para a aceleración do seu emprendemento. O programa, explica Telefónica, “inclúe espazo adicado de oficinas, a realización de pilotos nas áreas de I+D das compañías impulsoras do certame, acceso privilexiado a fontes de investimento e grandes oportunidades comerciais e de networking derivadas da ampla base comercial das devanditas compañías”. Así mesmo poderán acceder á rede de incubadoras e aceleradoras das firmas responsables do concurso en 17 países, así como a espazo de crowdworking especialmente reservado para esta convocatoria en Madrid, Beijing e Xangai.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?