Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL leva á feira IBC de Amsterdam os seus transmisores de TV de alta eficiencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL leva á feira IBC de Amsterdam os seus transmisores de TV de alta eficiencia

Redacción
Publicado: 02/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

egatel-2.jpgA empresa EGATEL, con sede en Ourense e centrada no desenvolvemento e fabricación de tecnoloxía avanzada de difusión de sinal de televisión, anunciou esta semana que vai amosar os detalles dos seus transmisores de TV de alta eficiencia en banda larga no evento IBC2015, unha das maiores feiras do mundo da industria de medios electrónicos. Na cita, que se celebra ao acubillo do RAI Convention Center de Amsterdam, entre o 11 e o 15 de setembro, a firma galega tamén dará a coñecer a súa nova liña de produtos no eido dos transceptores vía satélite.
egatel_transmisor-3.jpgNun plano máis detallado, EGATEL amosará dende a caseta 8.D40 como é o funcionamento real dun transmisor de TV de alta eficiencia e con tecnoloxía de banda larga da serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), que proporciona un rendemento en toda a banda UHF de ata un 42%, tanto en refrixeración líquida como con aire, informan os responsables da firma galega, que engaden que “a optimización da eficiencia enerxética nos transmisores acádase a través da tecnoloxía Doherty”, que, ao operar con función banda larga, permite facer cambios de canle sen necesidade de levar a cabo modificación algunha nos amplificadores.
EGATEL tamén presentará o Smart LNB, un equipo concibido polo operador de satélites Eutelsat e posto a pleno rendemento pola compañía ourensá. As dúas compañías achegan esta tecnoloxía como “un innovador produto para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada”. Trátase, máis polo miúdo, dun dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novo transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. “O terminal Smart LNB”, avanza EGATEL, “revolucionará o mercado das telecomunicacións ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos da TV conectada vía satélite como por exemplo os servizos de HbbTV, as redes sociais, as operacións de compra ou o consumo de contidos á carta, así como aplicacións Machine to Machine (M2M), eSaúde, fogar dixital, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?