Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberto o prazo para a presentación de proxectos á nova edición de Galiciencia, a décima da súa andaina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberto o prazo para a presentación de proxectos á nova edición de Galiciencia, a décima da súa andaina

Redacción
Publicado: 03/09/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galiciencia1-2.jpgA Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) comunica que vén de abrir o prazo para a recepción de proxectos destinados a concorrer en Galiciencia 2015, prazo que ficará aberto ata o vindeiro 25 de outubro. A edición deste ano da feira científica da Tecnópole, unha das máis importantes citas do Estado en materia de mocidade investigadora (as científicas e científicos do día de mañá), acubillará tralo proceso de selección un total de 80 proxectos. Lembrar que Galiciencia celebra en 2015 o seu décimo aniversario.
Segundo informa a organización, aos 50 traballos que decote concorren na feira-concurso na procura do primeiro premio (da man de estudantes de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional) engádense fóra de certame 30 proxectos máis de alumnado de Primaria e Educación Especial, “consolidando así a exitosa experiencia piloto da anterior edición”, explica a Tecnópole.
O evento desenvolverase entre o 18 e o 20 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. “A súa celebración”, explica fontes do complexo empresarial, “é posible un ano máis grazas ao apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación”.
As bases están xa dispoñibles en galiciencia.com, coa posibilidade de que calquera centro escolar envíe as súas propostas. Os 50 proxectos participantes na competición estarán expostos durante os tres días da feira, mentres que os de Primaria e Educación Especial poderán verse en quendas de 10 propostas diferentes cada día.
Recordar que as actividades de celebración do décimo aniversario da Galiciencia xa comezaron no mes de marzo cunha xira de espectáculos científicos por toda Galicia, cun ciclo de cursos para que os docentes poidan axudar mellor aos seus alumnos a preparar proxectos e co concurso para o deseño da mascota oficial do evento. O elixido foi Micro, creado por Sira Ricoy, alumna de 1º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo.
Volvendo ao concurso-feira, sinalar que hai máis novidades a engadir ao incremento de proxectos a amosar. Así, os premios serán entregados agora por categorías temáticas no canto de por ciclos educativos: serán seleccionados polo xurado o proxecto coa mellor presentación oral, o máis innovador, o que acredite o método e proceso de investigación máis definido e o mellor do eido das humanidades. De entre todos estes, o que acade a maior puntuación levará o primeiro premio, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación na feira científica estatal Exporecerca 2016.
galiciencia2-2.jpgAdemais de todo o devandito, a Tecnópole tamén anunciou a posta en marcha, un ano máis, do seu programa de capacitación en habilidades innovadoras para escolares, “este curso con novidades”. Así, trala experiencia dos obradoiros de robótica de verán (que o Parque cualifica de “experiencias de éxito”), as Aulas Tecnópole terán este ano unha sección específica dedicada a esta temática. A inscrición estará aberta ata o 30 de setembro.
As Aulas Tecnópole retomarán a súa actividade por quinto ano consecutivo no mes de outubro e cada xoves pola tarde acollerán un grupo formado por un máximo de 45 alumnos e alumnas de 12 a 18 anos. Segundo informa o Parque Tecnolóxico de Galicia, “os seus ámbitos de traballo estarán abertos a todas as áreas do coñecemento, dende as novas tecnoloxías ata as ciencias ou as humanidades”. Os participantes no curso terán ocasión de presentar os seus proxectos en Galiciencia.
Pola súa parte, as novas Aulas Tecnópole Robótica desenvolveranse os mércores pola tarde cun auditorio máis limitado, de 24 participantes. Dirixidas a estudantes de 9 a 13 anos, recollen a testemuña dos obradoiros de verán celebrados en Tecnópole ao longo dos últimos meses. O seu obxectivo será achegar conceptos de programación aos máis pequenos a través da construción e programación de robots.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?