Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadoras da UVigo traballan en aplicar tecnoloxías de voz na detección da depresión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadoras da UVigo traballan en aplicar tecnoloxías de voz na detección da depresión

Redacción
Publicado: 03/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_enxeneiras_voz.jpgO Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) da Universidade de Vigo presentou estes días as características dun sistema que sería quen de detectar doenzas relacionadas coa depresión a través de tecnoloxías de voz. O proxecto, que ten a súa raizame na tese de doutoramento da investigadora Paula López (GTM), amosa un amplo potencial no tratamento das ditas enfermidades, cada vez máis presente na nosa sociedade (ou máis diagnosticada), e tamén no coñecemento das mesmas.
Lembrar que o grupo GTM é un equipo centrado en tecnoloxías da fala, procesado de imaxe e visión artificial. Está liderado pola catedrática Carmen García Mateo (co-directora da tese xunto a Laura Docio) e foi catalogado dende o ano 2007 como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia. Segundo fan saber, o uso de recursos da voz para afondar no noso estado emocional é un eido de traballo de gran proxección e de amplas posibilidades para (por exemplo) a posta en marcha de estudos de mercado, o deseño de videoxogos ou as optimizacións das interfaces que establecen comunicación entre as persoas e as máquinas. O estudo das doenzas e trastornos mentais é outro dos grandes nichos de actividade, non só a depresión senón tamén enfermidades de índole máis neurolóxica como párkinson ou alzhéimer.
Volvendo á tese de doutoramento de Paula López, sinalar que tamén se centrou en realizar unha análise detallada das mellores técnicas para detectar de xeito integramente automático quen está a falar en cada intre nunha gravación de audio, o que se coñece como segmentación de locutores. Segundo conta, “cada día que pasa aumenta o número de contidos multimedia existentes e estes contidos deben estar etiquetados para o seu acceso, pois este é o único xeito de facilitar a súa localización”. A investigadora tamén salienta que “aínda queda moito traballo para poder aproveitar ao cen por cen o potencial destas tecnoloxías, xa que os métodos existentes non son todo o perfectos que deberan ser, malia a cantidade de horas de traballo que se aforran usando estas técnicas automáticas”.
Paula López recorda que detectar de xeito automático quen fala nun rexistro sonoro ou que é o que di, “abriría marxe para que os buscadores de Internet fixeran buscas sobre audio, podéndose indexar contidos multimedia nos que se fale dun tema determinado ou nos que apareza un falante que nos interese”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?