Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Proxecto eHeart: tecnoloxía galega eficaz contra as doenzas cardiovasculares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Proxecto eHeart: tecnoloxía galega eficaz contra as doenzas cardiovasculares

Redacción
Publicado: 03/09/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

presnteheart.jpgO pasado 26 agosto a Tecnópole acolleu, como lembraremos, a presentación do proxecto eHeart, unha iniciativa galega destinada a reducir a incidencia das doenzas cardiovasculares a través de tecnoloxías propias que permiten, entre outras cousas, detectar de maneira temperá e en tempo real a fibrilación auricular (o tipo de arritmia máis frecuente no corazón, causa de posibles riscos de ataque cerebral, infartos ou fallos cardíacos). A presentación levouse a cabo na sede Conexiona Telecom, a empresa líder do proxecto, durante unha visita ás súas instalacións do conselleiro de Economía Francisco Conde. Na cita lembrouse “o gran potencial no eido médico” que ten este desenvolvemento así como o feito de que sexa froito dunha estreita colaboración entre a dita firma e as empresas Optare, Quobis, Hacce e Tecsoftcom. Ademais, contouse co apoio tecnolóxico de Gradiant e o respaldo científico da Fundación do Complexo Hospitalario da Coruña. Segundo recorda Gradiant dende a súa web, a iniciativa baseouse na creación dunha ferramenta sobre un dispositivo non invasivo de medición da actividade cardíaca.
Ou sexa, que se trata dunha tecnoloxía que non altera os hábitos nin a rutina diaria do doente e que, ademais, posibilita o seguimento constante da actividade do seu corazón por parte dos especialistas a través dunha plataforma que emprega o estándar WebRTC. “A novidade de eHeart respecto doutros sistemas como os Holter ou os trebellos implantados”, sinala o centro tecnolóxico emprazado en Vigo, “é o uso de dispositivos miniaturizados, sen fíos e pouco intrusivos”. De feito, engaden fontes de Gradiant, eHeart é moi doado de usar, simple e cómodo para o paciente, “á vez que potente, rápido e versátil para o especialista”.

Contidos
  • A primeira causa de morte en España
  • A tecnoloxía eHeart ao detalle

A primeira causa de morte en España

pulso.jpgO proxecto ten a súa raizame na premisa básica do concepto da eSaúde: incrementar a nosa calidade de vida a través do uso de novas tecnoloxías intelixentes e avanzadas. Se ademais temos en conta que as doenzas cardiovasculares son a día de hoxe a primeira causa de morte no ámbito estatal, entón a conveniencia dunha tecnoloxía como eHeart é aínda meirande e máis ampla. Gradiant, ao fío disto, lembra que en 2006 este tipo de enfermidades ocasionaron case un terzo (32,5%) de todas as mortes do Estado, ao que engade que un de cada seis accidentes cerebrovasculares adoitan darse en doentes con fibrilación auricular, que é, por outra banda, a primeira causa de ictus. Por certo que este tipo fibrilación diagnostícase a través do electrocardiograma, porén é moi frecuente que malia o uso desta tecnoloxía, pase desapercibida para os facultativos, detectándose só durante o diagnóstico dunha persoa que xa sufriu un episodio de ataque cerebral ou déficit neurolóxico. Así, sinala Gradiant, unha vez máis a detección precoz é vital cando o risco é tan elevado.

A tecnoloxía eHeart ao detalle

Grazas ao emprego de dispositivos móbiles e “á súa capacidade de procesado”, eHeart fai posible detectar patróns de fibrilación en tempo real, acelerando o proceso de diagnóstico e, sobre todo, permitindo salvar vidas, actuando axiña ante os primeiros sinais de alarma. A tecnoloxía desenvolvida en eHeart, explicaron os responsables do seu desenvolvemento, fará que o paciente sexa controlado e seguido de forma continua e de maneira cómoda, “evitando as molestias dos dispositivos Holter, e sobre todo, esquivando os riscos dos dispositivos implantables no corpo do paciente, moito máis caros”. Ademais, posibilita seguir outro tipo de información salientable, que é a actividade física e a frecuencia respiratoria. Segundo explican dende Gradiant, a tecnoloxía prepara o escenario axeitado para que usuario e médico manteñan sesións de teleconsulta aumentada, sen necesidade de trebellos extra “ou configuracións avanzadas e complexas” e mellorando de maneira significativa o manexo dos datos confidenciais e privados do paciente. Recordar tamén que eHeart recibiu financiamento do programa Conecta PEME II, xestionado pola Axencia Galega de Innovación, pertencente á Consellería de Economía e Industria, Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?