A Fundación Universidade-Empresa vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para concorrer na terceira edición do TID Campus, promovido por Telefónica I+D, que se vai celebrar entre o 26 de outubro e o 6 de novembro de 2015 en Madrid. Segundo fai saber a división de I+D da operadora, a compañía busca para TID Campus 35 mozas/os acabadas/os de titular en Enxeñería Informática e de Telecomunicacións. Os candidatos deberán ser menores de 30 anos, ter un nivel alto en uso de inglés e ter obtido o título universitario oficial nos últimos anos e estando a falta de entregar o Proxecto de Fin de Carreira.
Ademais, valorase moi positivamente a falta de experiencia laboral (de feito trátase dun programa de inserción profesional). Quen queira participar no TID Campus deberase rexistrar na páxina web da iniciativa especificamente habilitada por Telefónica antes do 8 de outubro de 2015.
Os 35 participantes no terceiro TID Campus recibirán 2 semanas de formación en Madrid impartida por profesionais de Telefónica I+D e docentes da Universidade Francisco de Vitoria (UFV) en novas tecnoloxías de despregamento e operacións de produtos e servizos dixitais e habilidades empresariais, respectivamente. O Campus inclúe unha axuda de 300 euros para cada participante. Os candidatos que superen satisfactoriamente a andaina formativa recibirán o Título de Capacitación Tecnolóxica e Habilidades Profesionais da UFV con certificado de TID. Ademais, a partir do 16 de novembro de 2015, incorporaranse ao Máster GAIA in Professional Development, título da Universidade de Alcalá financiando por Telefónica I+D, e iniciarán un ano de prácticas nas sedes que ten a empresa en Madrid, Barcelona ou Valladolid. A dotación económica para este período será de 900 euros brutos ao mes en media xornada de 30 horas semanais.
Telefónica I+D impulsa o terceiro TID Campus para titulados en Informática sen experiencia laboral
Compartir Este Artigo

