Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: E-Dixgal preséntase nos centros que se incorporan este curso á iniciativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

E-Dixgal preséntase nos centros que se incorporan este curso á iniciativa

Redacción
Publicado: 07/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150906_edixgal_02.jpgO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá no acto de benvida ao E-Dixgal aos centros que se incorporan neste curso 2015/2016 a este proxecto de contidos curriculares dixitais. Neste acto, no que estivo acompañado pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; salientou o compromiso da Xunta de Galicia cos retos que o ensino formula na era dixital e que supoñen, ao tempo, unha oportunidade para o cambio nas metodoloxías. Neste sentido, sinalou o E-Dixgal como unha ferramenta única a prol da equidade e do peche da brecha dixital, dado que no proxecto participan tanto centros rurais como urbanos.
O conselleiro sinalou que en tan só dous cursos se implicaron nesta iniciativa 104 centros educativos de toda Galicia. Ademais, 5 centros decidiron este curso ampliar a súa participación, pasando de contar co E-Dixgal só en primaria a solicitalo tamén para a etapa de secundaria. Así as cousas, o previsto é que neste vindeiro curso os materiais dixitais, que son totalmente gratuítos para as familias, cheguen a uns 6.000 alumnos e alumnas de 5ºe 6º de primaria e 1º de ESO. “Agardamos que o proxecto siga crecendo nos próximos anos ata uns 22.500 alumnos”, sinalou Román Rodríguez.
Cómpre lembrar, así mesmo, que un dos requisitos fundamentais para poder participar nesta iniciativa é pertencer á rede de centros Abalar, a estratexia desenvolvida polo Goberno galego para a dixitalización das aulas. Catro anos despois da súa posta en marcha, Abalar posibilitou xa que 52.000 alumnos de 531 centros estuden en aulas dixitais; e está xa en marcha a dixitalización do total das do alumnado dos 6 últimos cursos do ensino obrigatorio en centros públicos (5º e 6º Primaria e toda a ESO).
20150906_edixgal_01.jpg A directora da AMTEGA, Mar Pereira, sinalou que na iniciativa E-Dixgal participan empresas tecnolóxicas e do sector editorial e que forma parte dun proxecto moito más amplo para transformar a aula tradicional en dixital, coa colaboración de toda a comunidade educativa: docentes, alumnos e familias. Neste sentido, Pereira destacou que a dixitalización das aulas é un logro de toda a comunidade educativa e por iso recalcou a disposición da AMTEGA para continuar avanzando neste cambio en colaboración cos docentes.
Os contidos didácticos do E-Dixgal albérganse nunha plataforma de aprendizaxe virtual á que os alumnos poden acceder, tanto de xeito online como offline, a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias, facilitados pola Xunta, como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?