Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O grupo VIKO, distinguido polo seu empuxe internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O grupo VIKO, distinguido polo seu empuxe internacional

Redacción
Publicado: 07/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ruben_ferreiro_viko-2.jpgVIKO, o grupo de axencias en liña de raizame galega, vén de obter un importante recoñecemento na pasada edición dos premios European Business Awards, que se celebraron e resolveron o día 1 deste mes de setembro. A distinción obtida por VIKO, un grupo impulsado e dirixido polos galegos Rubén Ferreiro e Rubén Bastón, sitúa a corporación como unha das firmas estatais con meirande potencial de medre transfronteirizo (de feito, ten sedes en Barcelona, Madrid, Vigo, México DF e Miami.
De feito, o recoñecemento consistiu en ter incluído a VIKO no selecto grupo dos National Champions, ao abeiro da categoría Elite Award for Growth Strategy of the Year, que é un premio que salienta o labor das empresas en crecemento internacional. O xurado, con este galardón, valorou moi positivamente o proceso de espallamento do grupo fóra do ámbito estatal, sobre todo en México, onde está a ser especialmente punteira a axencia de mercadotecnia dixital Elogia, pertencente á corporación.
VIKO, siglas de Virtual KnOwledge, púxose a andar hai máis ou menos un ano xuntando un total de sete marcas de axencias, software e medios de comunicación de mercadotecnia dixital. O galego Rubén Ferreiro (CEO do holding resultante) lembrounos daquela que a iniciativa partía dunha base de apoio nada desdeñable: un volume de negocio superior aos 10 millóns de euros anuais. O grupo está formado por Elogia, axencia de mercadotecnia online, Moddity, axencia de desenvolvemento de aplicacións de comercio móbil, Ibrands, axencia de resposta directa, Mittum, plataforma de mercadotecnia e ecommerce, eMMa, ferramenta de aplicacións intelixentes, MOÕSE, software de xestión masiva de páxinas de destino e Mercadotecnia4eCommerce, medio de comunicación sobre comercio electrónico e mercadotecnia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?