Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ducias de arqueólogos amosan en Compostela as súas experiencias coas máis avanzadas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ducias de arqueólogos amosan en Compostela as súas experiencias coas máis avanzadas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 08/09/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abancacervantes.jpgCompostela acollerá desde mañá a xuntanza anual da Aerial Archaeology Reserach Group (AARG), un acontecemento no que van participar máis de 75 investigadores de Europa e América amosando ao detalle os resultados dunha manchea de proxectos de investigación levados a cabo coa axuda das máis avanzadas tecnoloxías para a prospección arqueolóxico. Tecnoloxías como imaxes de satélites, drons ou escaneado de láser. Segundo informa a organización do encontro, é a primeira vez que os socios da AARG xúntanse na contorna estatal. A asociación, unha entidade fundada en 1983 no Reino Unido coa arela de promover o uso dos devanditos recursos avanzados na arqueoloxía, reúnese en Santiago da man do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), e co apoio da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
O evento arrancará ás 10.00 horas no centro cultural Abanca nun acto inaugural que contará coas intervencións de Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), e Pilar Morgade Saavedra, directora da área de Programas da Axencia Galega de Innovación. Ao longo de tres días, máis de 75 investigadores de Europa e América presentarán os seus proxectos a través de comunicacións orais e pósteres a tempo que debaten sobre os novos avances tecnolóxicos e as súas perspectivas futuras. Entre os relatores estarán arqueólogos de universidades como as de Santiago de Compostela, Oxford ou Viena; de entidades como o Ludwing Bonzmann Institute for Archaeological Prospection e Virtual Archaeology e de organismos relacionados coa xestión do patrimonio como o English Heritage, a Royal Commission for the Ancient and Historical Monuments of Scotland ou o Instituto de Patrimonio de Noruega.
Entre eles, informa INCIPIT-CSIC figuran algúns dos expertos que “máis contribuíron ao desenvolvemento da arqueoloxía aérea en Europa”, como por exemplo Chris Musson, ou responsables de grandes proxectos europeos como Axel Posluschny, coordinador da iniciativa Archaeolandscapes Europe (na que participan preto de 30 universidades europeas), ou algúns dos investigadores máis punteiros no emprego das últimas tecnoloxías dixitais para a prospección arqueolóxica, como Michael Doneus ou Geert Verhoeven da Aerial Archaeology Research Group.
“Este encontro”, informa César Parcero-Oubiña, investigador do do CSIC no INCIPIT, “é unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man o que se está a facer en diferentes partes do mundo con estas tecnoloxías e os abraiantes avances que están a supor para a arqueoloxía”.
Como dixemos, as sesións do encontro terán lugar no centro cultural Abanca (Praza de Cervantes) en horario de mañá e tarde. O programa desenvolverase ao redor de relatorios convidados a cargo de arqueólogos que desenvolven o seu labor en institucións académicas e empresas privadas e sesións temáticas acerca de tres grandes bloques: as novas tecnoloxías para a prospección arqueolóxica empregadas en proxectos de investigación realizados en lugares como España, Hungría, Alemaña, Estados Unidos ou o Himalaia; os avances técnicos en prospección arqueolóxica, e, por último, a utilidade destas tecnoloxías en lugares con importantes patrimonios arqueolóxicos en perigo por conflitos bélicos ou desastres naturais (Oriente Próximo, Norte de África, Nepal…).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?