
Ao fío do devandito, o informe da consultora sinala o seguinte: “Na nosa opinión, as contas anuais abreviadas xuntas expresan, en todos os aspectos significativos, a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia a 31 de decembro de 2014, así como dos seus resultados correspondentes ao exercicio anual rematado en dita data, de conformidade co marco normativo de información financeira que resulta de aplicación e, en particular, cos principios e criterios contables contidos no mesmo”.
A xestión do CPEIG acada un informe favorable logo dunha análise independente
Compartir Este Artigo

