Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica participa nunha iniciativa internacional para conectar ecosistemas de startups
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica participa nunha iniciativa internacional para conectar ecosistemas de startups

Redacción
Publicado: 09/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_open_future_crowdworking.jpgDun tempo a esta parte estase a afianzar a fórmula do acubillo e lanzamento de novas empresas (startups) por parte de compañías tecnolóxicas xa consolidadas. Un claro exemplo é a iniciativa Telefónica Open Future, no que se insire Galicia Open Future, a nosa palestra de aceleración empresarial TIC posta en marcha por Telefónica para crear na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago) un centro de crowdworking a pleno rendemento (arestora atópase mergullado na súa segunda convocatoria). Pois ben, perante unha fórmula que se espalla no mundo con múltiples ecosistemas de startups diferentes, se cadra o que cumpría é unha canle que os unise, ou polo menos a boa parte deles. Disto, de unir e conectar, trata unha iniciativa internacional na que participa precisamente Telefónica a través de Telefónica Open Future.
Ademais da operadora, concorren neste proxecto, con cadansúa plataforma de innovación, as compañías Singtel (Singtel Innov8), Orange (Orange Fab) e Deutsche Telekom (hub:raum). A idea non é outra que unir forzas para salvar as distancias entre os actuais ecosistemas de novas firmas tecnolóxicas que existen no Sueste Asiático, África, Europa, Latinoamérica e Oriente Medio. Isto, sinalan, farase catalizando o medre das empresas alén dos seus mercados locais. Ou sexa, seleccionaranse startups que poidan acceder aos recursos e redes das catro empresas devanditas do sector das comunicacións, incluíndo o coñecemento de mercados, a presentación a socios, o uso de espazos de coworking e o acceso aos negocios operativos das compañías. As startups escolmadas tamén terán a oportunidade de acceder á base de clientes das operadoras, con máis de mil millóns de clientes en catro continentes.
Segundo Edgar Hardless, conselleiro delegado de Singtel Innov8, “para nós este acordo ofrécenos unha gran oportunidade para estreitar os nosos vínculos cos principais hubs de innovación de todo o mundo, e máis tendo en conta que cada vez é maior a cifra de startups que aspiran a ir máis aló dos seus mercados locais e internacionalizarse”. E engade: “As nosas amplas conexións no Sueste Asiático poden axudar a abrir portas ás novas firmas africanas, europeas, de Oriente Medio e latinoamericanas”. Así mesmo, as compañías acubilladas poden aproveitar esta alianza para estender a súa actividade fóra dos seus propios mercados.
Para Ana Segurado, directora de Telefónica Open Future, “este acordo é unha oportunidade inigualable para reforzar o compromiso de Telefónica de desenvolver iniciativas innovadoras que axuden aos operadores de telecomunicacións a mellorar a experiencia dixital de compañías de todo o mundo”. Con esta alianza, explica, “Telefónica complementa a súa estratexia de innovación aberta, e convértese nunha das súas iniciativas clave tralo lanzamento fai cinco meses da Plataforma de Investimento en Comunicación (CIP)”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?