Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Demostrador TIC achegará dúas sesións formativas sobre o xestor Drupal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Centro Demostrador TIC achegará dúas sesións formativas sobre o xestor Drupal

Redacción
Publicado: 10/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

drupal-2.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia segue adiante coas súas actividades de divulgación open source a prol da operatividade do terceiro sector, ou sexa, aquel que abrangue as nosas entidades e asociacións sen arela de lucro. Se hai uns días falamos do ciclo de ferramentas libres que comeza hoxe, este venres toca falar doutra iniciativa cun aquel máis específico: un achegamento práctico a profesionais TIC e do terceiro sector ao xestor de contidos Drupal. Esta achega formativa será dupla (son dúas sesións) e desenvolverase no Centro Demostrador TIC os días 15 e 20 de setembro.
As sesións devanditas son as seguintes: a do 15, Desenvolvemento de portais web con Drupal: nivel básico e a do 20, Desenvolvemento de portais web con Drupal: nivel avanzado. Celebraranse en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 18.30.
Na primeira das achegas, de nivel básico, as persoas asistentes coñecerán os fundamentos de Drupal e aprenderán a crear e a xestionar unha páxina web tirando proveito deste sistema de xestión de contidos. Na segunda das sesións, de nivel avanzado, os participantes afondarán no emprego e configuración de Drupal con características avanzadas do sistema, emprestando especial atención á seguridade, ao rendemento e á marxe de flexibilidade de portais web.
Segundo informa AMTEGA, os principais destinatarios desta actividade son os profesionais TIC e os responsables de xestionar as webs de entidades do terceiro sector ou empresas que queiran crear unha páxina web en Drupal ou ben xa administran unha e desexan afondar na súa utilización e na incorporación de máis funcións. Alberto Permuy, arquitecto especialista de Drupal, será o encargado de impartir os seminarios.
Ambos seminarios forman parte dun ciclo formativo de solucións libres para o terceiro sector o organizadas pola AMTEGA en colaboración con EAPN Galicia (Rede Galega contra a Pobreza), que comezou o pasado día 10. Trátase dun total de nove actividades que se impartirán nos vindeiros meses e que están especialmente pensadas para este sector da economía composto por entidades sen ánimo de lucro.
Ao longo do mes de setembro están xa programadas as seguintes xornadas: Monta a web da túa asociación con WordPress (17 de setembro) e Owncloud: comparte os arquivos da túa nube de forma autónoma (24 de setembro).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?