Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sete empresas socias do Clúster TIC Galicia, na feira IBC2015 de Amsterdam
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sete empresas socias do Clúster TIC Galicia, na feira IBC2015 de Amsterdam

Redacción
Publicado: 11/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

11053403_1140441045970351_2894523449521819791_o.jpgEste xoves comezou en Amsterdam a feira IBC2015, nova edición dun dos eventos mundiais máis importantes e referenciais en materia de contidos e canles tecnolóxicas do lecer. Como adoita acontecer, haberá presenza galega. Este ano haberá unha nutrida embaixada de firmas da nosa terra, integrada por Bahía Software, Cinfo, Egatel, Igalia, Itelsis, Tesla Technologies e VisualPublinet. Segundo informa o Clúster TIC Galicia, no que xuntan forzas as ditas compañías, estas levarán a Amsterdam “o potencial do noso sector”, un dos máis puxantes da beira atlántica europea.
12006627_1140441042637018_6239245919602231509_o.jpgO evento conta con dúas vertentes: a conferencia (que comezou onte e esténdese ata o día 14) e a exposición (dende hoxe ata o día 15). Trátase, en palabras do Clúster, do meirande escaparate do mundo para profesionais da creación, xestión e entrega de contido de entretemento e novas de todo o mundo.
Nesta edición a feira conta con máis de 55.000 asistentes de 170 países; 300 relatores no apartado de conferencias; e 1.700 provedores que exhibirán as súas últimas innovacións e tecnoloxías especializadas nos medios electrónicos e de lecer dixital. En palabras do Clúster, estamos ante unha inmellorable “oportunidade de negocio e coñecemento para as nosas empresas”. Ao respecto do que estas amosarán na feira, sinalar que Cinfo amosará a súa tecnoloxía de xeración de vídeo na nube, Egatel os seus transmisores de televisión de alta eficiencia e de banda larga, Igalia fará unha demostración dunha interface a pantalla completa baseada en WebKit, Itelsis presentará a súas solucións de enxeñaría para broadcast, e Bahía, Tesla e VisualPublinet adicaranse a participar arreo en conferencias, relatorios e networking.
Como dixemos, IBC é unha feira de gran importancia para o sector das TIC, xa que permite xerar relevantes contactos e constitúe un escaparate de primeira liña para produtos innovadores (boa parte das marcas líderes e dos profesionais máis salientables de Europa e do mundo estarán alí).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?