Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica métese na listaxe de firmas TIC máis sustentables
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica métese na listaxe de firmas TIC máis sustentables

Redacción
Publicado: 11/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sustentabel.jpgTelefónica vén de obter un importante recoñecemento en materia de sostibilidade ao ser incluída entre as novas compañías líderes deste ámbito (o sustentable) do sector tecnolóxico mundial. A listaxe de empresas máis salientables foi feita en base ao índice Dow Jones Sustainability Index (DJSI) pola axencia RobecoSAM. A posición da operadora española na clasificación mellora en cinco puntos a súa marca de 2014. A dita axencia valorou a Telefónica con 85 puntos sobre 100, ou sexa 29 puntos porcentuais máis cá media do sector. A dita listaxe de nove firmas de telecomunicacións elaborouse a partir de 71 firmas candidatas pola súa capitalización bolsista.
Como dixemos, Telefónica foi quen de mellorar a súa puntuación con respecto ao acadado o ano previo, e fíxoo en tres das dimensións do índice: as dimensións económica, ambiental e social. O índice, sinala a operadora, define a sustentabilidade corporativa como “un enfoque de negocio que persegue crear valor a longo prazo para os accionistas mediante o aproveitamento de oportunidades e a xestión eficaz dos riscos inherentes ao desenvolvemento económico, ambiental e social”.
Nun plano máis concreto, Telefónica foi recoñecida como a empresa con mellores prácticas en seis aspectos clave do sector, encabezado con 93 puntos pola compañía coreana KT Corp. “Por segundo ano consecutivo”, informan fontes da operadora, “fomos o número un en prácticas laborais e dereitos humanos e impacto dos servizos de telecomunicacións, e ademais lideramos por vez primeira os temas de estratexia e transparencia fiscal e campos electromagnéticos”. A compañía acadou 100 sobre 100 puntos nas seguintes materias. estratexia e transparencia fiscal; estratexia para o cambio climático; campos electromagnéticos; impacto dos servizos de telecomunicacións; prácticas laborais e dereitos humanos; e compromiso coa cidadanía e filantropía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?