Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca o Servizo Chave 365
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca o Servizo Chave 365

Redacción
Publicado: 15/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega_vicepresidencia_rueda_pereira_chave_365.jpgNa mañá de hoxe presentábanse dúas iniciativas inseridas no Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020, estamos a falar do proceso de dixitalización das Oficinas de Rexistro e do Servizo Chave 365. Con estas propostas -expostas este mesmo martes no Rexistro Xeral da Xunta polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira- quérese dar un paso avante cara a tramitación 100% electrónica e facilitar a accesibilidade aos servizos en liña.
Indo por puntos, o Servizo Chave 365 (que entra hoxe en funcionamento) simplifica a xestión telemática coa Administración empregando claves concertadas vía móbil para acceder á sede electrónica. Esta idea nace coa vontade de mellorar o uso do certificado electrónico e para evitar que as persoas menos familiarizadas co emprego das novas tecnoloxías fiquen excluídas dos servizos electrónicos.
A incorporación de Chave365 permitirá avanzar cara a sede electrónica móbil, facilitando o acceso desde dispositivos móbiles ou tabletas a algunhas funcionalidades, como a consulta do estado dos expedientes na Carpeta do cidadán. O Chave 365 estará dispoñible de xeito progresivo no resto das oficinas de Rexistro.
Cómpre salientar que a tramitación en liña supón un aforro mínimo de 75 euros por solicitude, fronte á modalidade presencial.
Asemade, a AMTEGA, en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, está a pilotar tamén no Rexistro Xeral a dixitalización da documentación que achegan os cidadáns. Este proceso continuará a espallarse de xeito progresivo no primeiro trimestre de 2016 nos rexistros únicos da Xunta na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O obxectivo é estender este proceso ás 533 oficinas que integran o Sistema Único de Rexistro ao longo de 2016.
Unha vez completada a introdución, calquera documento que entre nestas unidades será dixitalizado e compulsado electronicamente para conformar o expediente administrativo dixital, que se almacenará no Arquivo Dixital de Galicia e eliminar o uso do papel en toda a relación entre cidadáns, empresa e a administración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?