Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un novo centro demostrador TIC de tecnoloxías marítimas da beira atlántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un novo centro demostrador TIC de tecnoloxías marítimas da beira atlántica

Redacción
Publicado: 16/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150916-stamar-1.jpgFinalmente chegou ao seu remate o Proxecto Europeo STAMAR, do que temos falado en Código Cero salientando a nosa posición de líderes na iniciativa, unha achega transfronteiriza liderada pola AMTEGA e destinada a mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das PEME do sector marítimo do Espazo Atlántico, favorecendo os procesos de transferencia tecnolóxica. O peche oficial do proxecto formalizouse hoxe en Santiago, nun acto que serviu para facer balance das accións desenvolvidas. A xornada foi inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira.
No evento lembrouse, para comezar, que un dos retos do proxecto foi o de crear un Centro Transnacional Demostrador de Tecnoloxías, baseado na experiencia do Centro Demostrador TIC de Galicia. Segundo se fixo saber, este espazo internacional é xa “unha realidade” con sede física de seu en cada un dos países socios. “Esta rede”, fíxose saber na xornada, “é chave para dar continuidade á divulgación das tecnoloxías TIC do eido marítimo e ao catálogo de tecnoloxías (BAT) elaborado ao abeiro de iniciativa”.
Por certo que o BAT, para quen non o saiba, é un documento no que se catalogan 29 tecnoloxías cunha media de entre tres e seis solucións por socio. Polo que respecta á nosa terra, identificáronse 23 tecnoloxías salientables, polo que se decidiu, ademais de incluír unha selección no BAT, “elaborar un catálogo específico de tecnoloxías galegas para difundir o potencial da Comunidade neste eido”, faise saber dende AMTEGA, que lembra que ambos documentos servirán “para dar a coñecer estes avances tecnolóxicos ao sector marítimo e tamén para fomentar o coñecemento a nivel comunitario destes produtos tecnolóxicos e dos centros e empresas TIC que os desenvolveron, contribuíndo a apertura de novas oportunidades de mercado”.
Ademais da elaboración do BAT, STAMAR desenvolveu en algo máis de ano e medio “un amplo conxunto de iniciativas”, explicaron os seus responsables, salientando achegas como o estudo de Identificación das necesidades tecnolóxicas do sector marítimo no que se compilaron as opinións de ata 428 empresas dos principais subsectores deste eido (construción naval, pesca extractiva, transporte, náutica e industria alimentaria). “As conclusións deste estudo”, engádese dende AMTEGA, “poñen de manifesto a necesidade de impulsar iniciativas para integrar as TIC no sector, xa que o 80% das empresas do naval galego consideran importante o papel da tecnoloxía para o conxunto do sector, moi especialmente as adicadas ao transporte e á construción naval”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?