Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación Badi App facilita ao máximo a busca de compañeiros de piso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación Badi App facilita ao máximo a busca de compañeiros de piso

Redacción
Publicado: 17/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

badi.jpgA Rede, dun tempo a esta parte, funciona para moita xente como un medio para facilitar e acurtar procesos tradicionais da vida diaria. Como por exemplo buscar habitación. Nesta liña de botarnos unha man en actividades relacionadas coa vivenda (actividades que adoitan adiarse no tempo máis da conta) sitúase a aplicación Badi App, unha ferramenta de balde que se presenta como o remate e a solución da nosa peregrinaxe polos taboleiros de anuncios de facultades ou as inmobiliarias, na procura do noso vindeiro domicilio. Trátase dun recurso para dispositivos intelixentes que permite, en palabras dos seus creadores, “buscar compañeira/o de piso ou unha habitación de aluguer mediante un chat instantáneo, ao estilo Tinder”. Ademais, emprega un xeolocalizador que posibilita atopar aloxamento segundo a proximidade.
A aplicación, polo tanto, xunta nun único acubillo as ofertas máis próximas coa vantaxe engadida de coñecer a compatibilidade de gustos e necesidades entre arrendatarios e quen alugan. “E sen intermediarios”, explican os responsables do seu desenvolvemento, que engaden que o requisito principal para tirarmos partido da ferramenta é rexistrarnos e cumprimentar todos os eidos do perfil, co fin encetar a procura dunha habitación e dos vindeiros compañeiros de vivenda. “A aplicación”, engaden, “tamén evita as estafas en liña, que están no seu máximo apoxeo, e liquida un dos principais medos que ten o usuario á hora de alugar unha habitación: o descoñecemento da persoa coa que vai convivir”. Isto acádase tirando proveito dos recursos de procura de afinidade que se poñen en xogo: permítese a propietarios e inquilinos explorar intereses, afeccións e perfís dos candidatos a ser compañeiros de fogar para comprobar, previamente, se pode haber compatibilidade.
A iniciativa Badi App foi posta en marcha en maio de 2015 da man do emprendedor Carlos Pierre, grazas a un investimento persoal co que desenvolveu o deseño e a aplicación. Case un mes máis tarde, o promotor conseguiu captar 30.000 euros de investidores privados. O 40% adicouno a investimento en tecnoloxía e o 60% a mercadotecnia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?