Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centros tecnolóxicos galegos recibirán unha nova partida de axudas de preto de 2 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centros tecnolóxicos galegos recibirán unha nova partida de axudas de preto de 2 millóns de euros

Redacción
Publicado: 17/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150918_feijoo_02.jpgO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou esta mañá a resolución dunha nova convocatoria de axudas que, baixo a fórmula de contratos-programa, destina preto de 2 millóns de euros aos centros tecnolóxicos consolidados, co fin de seguir impulsando ao máximo posible a súa actividade. Esta actuación supón dar continuidade e reforzar a aposta do Goberno galego pola innovación como obxectivo prioritario no eido económico, dentro do compromiso por impulsar a transferencia de resultados da investigación á empresa.
Por outra banda, o titular do Goberno galego destacou que a vinculación destes acordos á fórmula dos contratos-programa garante a existencia de esixentes indicadores de resultados, asegurando un financiamento estable non dependente de proxectos concretos, especialmente no que ten que ver cos recursos humanos.
Os contratos-programa encádranse no desenvolvemento da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), cuxas liñas de actuación oriéntanse á captación de financiamento, ao apoio ao talento galego, e á transferencia de resultados da investigación ao mercado.

Os centros beneficiarios dos contratos-programa

20150918_feijoo_01.jpgOs beneficiarios destas axudas serán os seis centros tecnolóxicos galegos que figuran no rexistro estatal: o CTAG, con 440.000 euros; AIMEN, con 435.000 euros; Gradiant, con 420.000 euros; ANFACO-CECOPESCA, con 320.000 euros; o ITG, con 207.000 euros; e o EnergyLab, 50.000 euros.
As axudas ligadas a estes contratos-programa non só posibilitan o financiamento de equipamentos, investimentos ou subcontratacións, senón que resultan unha vía fundamental para a retención de capital humano mediante actuacións que facilitan a contratación, consolidación e formación de persoal investigador.
A resolución deste ano dará continuidade ás cifras acadadas nas dúas primeiras convocatorias e que contribuíron á xeración ou mantemento de 120 postos de traballo. Deste xeito, os seis centros tecnolóxicos consolidados suman hoxe en día 760 empregos, mantendo un elevado nivel competitivo nos seus recursos humanos e materiais, e cumprindo o seu cometido no Sistema Galego de Innovación.
Por outra banda, Feijoo afirmou na súa comparecencia que os requisitos para o acceso a este financiamento están baseados en esixentes indicadores de actividade, centrados prioritariamente na capacidade para transferir resultados á empresa e, polo tanto, contribuír de maneira decisiva na competitividade e o crecemento da economía galega. Os compromisos que os centros deben cumprir están condensados nun número moi limitado de criterios, pero moi intensivos (contratos e unidades mixtas con empresas, patentes, etc.), o que se debe á intención de incentivar os esforzos nas partes que xeran máis valor da actividade que levan a cabo os centros.
Os contratos-programa serán obxecto de anticipos por valor do 50% do total das axudas que sexan concedidas, permitíndolles aos beneficiarios contar cunha parte importante das axudas con antelación, o que contribúe a unha mellora da súa liquidez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?