Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITMATI convoca este venres a especialistas do eido internacional para falar de Big Data na enerxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITMATI convoca este venres a especialistas do eido internacional para falar de Big Data na enerxía

Redacción
Publicado: 17/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

matematicas_usc.jpgO Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, ITMATI, vai organizar este venres unha xuntanza de intercambio de coñecemento sobre información masiva no ámbito enerxético. A Xornada Big Data en Enerxía celebrarse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela, un bo número de empresas e equipos de investigación xuntarán forzas para rastrexar e localizar as amplas oportunidades que achegan as tecnoloxías avanzadas de almacenamento de información no eido da produción e distribución enerxética. A xornada, nun plano máis concreto, contará coa presenza de representantes de Repsol, Hewlett-Packard Enterprise (HP), EDF-Recherche et Développement, Fridama, Reganosa, Comanagement Technology, Equs e Nerxus.
Uns e outros amosarán os últimos avances tecnolóxicos da estatística, a investigación operativa e a computación, “recursos que poderían liquidar moitos dos retos aos que se enfronta o sector enerxético do século XXI”, sinala o ITMATI, un instituto impulsado polas tres universidades galegas.
Segundo explica acerca das orixes e dos porqués desta xornada Peregrina Quintela, directora do ITMATI, o concepto de Big Data céntrase no manexo de cinco uves: Volume, Velocidade, Variedade, Veracidade e Valor. “Polo tanto”, engade, “practicamente en todos os sectores hai unha oportunidade para a innovación”. Na súa opinión, do que se trata é de “manexar un gran volume de información, separar os datos relevantes do ruído, procesalos e obter un resultado; un valor que permita tomar decisións en moi pouco tempo”.
A xornada artéllase ao redor de oito relatorios e unha mesa redonda. A eficiencia enerxética en grandes volumes (hospitais, universidades, administración), as previsións de importación de Gas licuado de Reganosa, as Cidades Intelixentes, as redes avanzadas ou a optimización matemática no deseño de plantas solares son algúns dos temas que se presentarán e avaliarán en detalle.
Contarase con relatores de prestixio internacional como François Dauphin, asesor da industria enerxética en Hewlett-Packard Enterprise (HP), que presentará a liña de traballo de HP en redes eléctricas intelixentes ou Smart Grid, onde o uso da tecnoloxía informática é quen de optimizar a produción e a distribución de electricidade para equilibrar a oferta e a demanda entre produtores e consumidores. Neste eido centrarase tamén Xavier Brossat, enxeñeiro e investigador senior na principal empresa de xeración e distribución eléctrica de Francia: EDF-Recherche et Développement.
A xornada terá lugar na aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago e está organizada pola Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI): Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA); coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Fondo Europeo, e a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago e baixo o patrocinio de Hewlett-Packard Enterprise.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?