Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica achegará aos seus clientes a solución de xestión de gastos Captio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica achegará aos seus clientes a solución de xestión de gastos Captio

Redacción
Publicado: 17/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_capto.jpgTelefónica asinou esta semana un acordo coa firma Captio, nova iniciativa acubillada na plataforma de lanzamento empresarial da operadora, Telefónica Open Future. O acordo permitiralle á compañía de telecomunicacións ofrecer aos seus clientes a solución do mesmo nome (Captio) para mellorar e optimizar a xestión dos gastos de empresa, dixitalizándoa e automatizándoa. Telefónica lembrou na sinatura da alianza que Captio naceu para emendar as problemas que se derivan do tratamento ao uso das notas de gasto de viaxes da empresas (problemas de ineficacia que afectan ao traballador en mobilidade como á propia empresa cando ten que verificar as notas).
A solución dixital que comercializará Telefónica facilitará polo tanto a automatización da xestión das notas de gasto, tanto desde o punto de vista de quen as xera como do que as debe aprobar, “sen necesidade de conservaren o soporte de papel das notas”, sinala a operadora, que engade que a plataforma posibilita un manexo totalmente electrónico da información, “porque a dixitalización está certificada e homologada pola Axencia Tributaria”. Sobre esta conexión co ámbito público, a operadora lembra que a colaboración con Captio vaille permitir adiantarse ás esixencias da Administración, “xa que a partir de 2017, o novo regulamento da Axencia Tributaria obriga ás grandes empresas, deixando ao resto de compañías que se somen con carácter optativo, a informar de maneira individualizada de todos os tickets, tanto emitidos como recibidos”.
A nova solución dixital que Telefónica ofrece aos seus clientes utiliza unha tecnoloxía OCR propia, desenvolvida polo departamento de I+D de Captio, que extrae de maneira automática os datos dos tickets dixitalizados a través do dispositivo do traballador. Ademais, é compatible con calquera terminal móbil. O resultado de todo isto é que os empregados poden xerar as súas notas de gasto “nun só clic”. Polo tanto, engade Telefónica, “suprímense os fluxos manuais da xestión de gastos de empresa, permitindo unha contorna centralizada na supervisión, automatizando o control e contabilizándoo nos sistemas de xestión”. Entre as firmas que xa empregaron a tecnoloxía de Captio atópanse BBVA, Bankinter, Carglass, Grupo Eulen, IFEMA, Mango, Carrefour ou Almirall.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?