Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada a aplicación Sophos para crear un mapa de coñecemento do SERGAS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada a aplicación Sophos para crear un mapa de coñecemento do SERGAS

Redacción
Publicado: 18/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

150917_sophos_1.jpgEstes xoves foi presentada na Consellería de Sanidade a aplicación galega Sophos, dirixida a avaliar a actividade científica do Servizo Galego de Saúde e localizar os puntos fortes e as eivas do Servizo e, por extensión, de todo o sistema investigador de ciencias da saúde de Galicia. A ferramenta, fíxose saber, posibilitará dar forma a un mapa de coñecemento de todo este tecido, amais de compartir o seu “capital intelectual”. O software vén da man da biblioteca virtual do sistema público de saúde de Galicia, Bibliosaúde.
Nun plano máis específico e para que se entenda o seu alcance, achegará datos inmediatos sobre as publicacións dos profesionais do SERGAS, a actividade de cada hospital e servizo, as revistas nas que se editan e o seu factor de impacto, entre outras cousas.
Segundo se engadiu na presentación, Sophos resultará de utilidade para investigadores e para xestores da saúde. Aos primeiros permitiralles coñecer a calidade da súa actividade, en que revistas se expón e as redes de colaboración, e realizar unha autoavaliación co fin de amosar o nivel acadado e conseguir máis recursos. Os xestores, pola súa parte, dispoñen “dun instrumento para a planificación, o seguimento e a avaliación da investigación”, informouse na presentación, na que se engadiu que a aplicación abrangue só os artigos publicados por, polo menos, un autor vinculado a un centro de traballo da Consellería de Sanidade ou o SERGAS.
Amais do devandito, este xoves tamén se presentou na Consellaría de Sanidade a nova versión da plataforma de acceso aos recursos electrónicos de Bibliosaúde, Mergullador (Descubridor), que permite buscar ao mesmo tempo en todos os recursos desta biblioteca virtual (de balde e de subscrición) a través dunha única consulta e “seguindo o modelo de Google”, explicouse. Igualmente, fíxose saber que a nova achega de Mergullador ten máis de 15.000 usuarios rexistrados xa. Entre os seus puntos fortes engadidos atópase unha mellora importante no acceso e procura de informando, xa que agoar “xúntanse nunha única ferramenta múltiples recursos de información, pasando dunha tecnoloxía de metabuscas en tempo real a un sistema de indexación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?