Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e AMTEGA organizan unha xornada para converter aos nenos en programadores a través de Scratch
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e AMTEGA organizan unha xornada para converter aos nenos en programadores a través de Scratch

Redacción
Publicado: 21/09/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_scratch_web.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) vai organizar co arranque do outono unha nova actividade formativa para o ámbito do ensino, co obxectivo de permitir a todos os integrantes da comunidade escolar ser eles mesmos creadores dos seus propios programas e ferramentas. A actividade en cuestión, o evento Scratch Day, é un obradoiro no que se amosarán aos nenos, ao profesorado e ás familias os fundamentos da ferramenta Scratch, un recurso de programación con gran potencial “como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento”, sinala o CPETIG, que conta para este obradoiro coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA. O evento desenvolverase o 10 de outubro.
O CPETIG quere outorgarlle a este acontecemento “un carácter familiar”, polo que se dirixe sobre todo a nenas e nenos de entre 7 e 15 anos, que acompañados dos seus pais, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da informática. “A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito”, sinala o colexio que preside Marcos Mata, “servirá de apoio para que os nenos se sintan atraidos cara a programación informática, de xeito que esta actividade organizada polo CPETIG non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar”.
Ademais, de xeito parello, levarase a cabo tamén unha acción formativa en Scratch destinada ao profesorado. Esta actividade servirá como formación presencial dentro do programa Aprendo programando incluída no Plan Proxecta, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O Scratch Day, que terá lugar no salón de convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, ten como obxectivos xerais “eliminar mitos en relación á programación informática, dar a coñecer a dita contorna de programación e aprender a desenvolver videoxogos con esta ferramenta informática”, engaden os organizadores, que apuntan que esta actividade quérense divulgar, ante todo, “as posibilidades que poden ofrecer as novas tecnoloxías, especialmente en idades temperás, e contribuír así a reducir a fenda dixital”. A xornada comezará ás 9.30 horas coa benvida aos participantes. Logo, entre as 10.00 e as 10.30 horas, terán lugar as presentacións e demostracións, e xa entre as 10.30 e as 13.30 horas, levaranse a cabo os obradoiros de programación en Scratch. A xornada rematará ás 14.00 horas coa presentación dos proxectos.
Na actividade contarase coa participación das asociacións Programamos, que impartirá a formación a rapaces e pais, e Código Octopus, que contribuirá á formación ao profesorado.
Programamos é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende a nenez través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, desde educación infantil ata formación profesional. Código Octopus, pola súa banda, é unha fonte de recursos en galego para o profesorado con bases en calquera materia que se desexe introducir á programación na docencia. Conta material para aprender a programar en Scratch en Educación Primaria e Educación Secundaria e proximamente para desenvolver proxectos de S4A: Scratch for Arduino. Tras este proxecto atópase un grupo de profesorado de tecnoloxía do sistema educativo galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?