Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo fornece 29 novos cursos TIC para maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo fornece 29 novos cursos TIC para maiores

Redacción
Publicado: 22/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_cursos_maiores.jpgA Deputación de Lugo presentou a semana pasada a programación para o último trimestre de 2015 de cursos e obradoiros de balde sobre TIC para maiores, actividades que se van desenvolver no Centro de Innovación Social InLugo e coas que se quere manter o alto nivel de participación da anterior convocatoria, “na que se inscribiron 391 persoas”. De feito, co novo feixe de cursos (29) achéganse 400 prazas. Estas accións, como dixemos, veñen da man da Deputación e, máis polo miúdo, da Fundación TIC. O novo programa vai dirixido sobre todo aos maiores da Cidade da Muralla e a súa contorna. Abordarase, entre outras cousas, o manexo do computador, a tableta ou os dispositivos intelixentes en xeral. Tamén se achegarán conceptos básicos sobre como manexármonos en Internet ou nas redes sociais.
Os obradoiros, inseridos no concepto de envellecemento activo a través das TIC, traballarán capacidades cognitivas e funcionais como a memoria, a atención, a orientación espacial ou o equilibrio co ordenador, as tabletas ou as vídeo consolas. A idea é “contribuír a reducir a ferida dixital entre este sector da poboación”, sinalou a Deputación, que engadiu que se pretende tamén “emprestar apoio a todos aqueles que desexen mellorar no emprego das novas tecnoloxías”.
Un dos elementos novos engadidos neste programa, complementándoo, é a implantación dunha serie de obradoiros curtos, de reforzo, en sesións de dúas horas os venres en horario de mañá, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados. O responsable de Novas Tecnoloxías da Deputación, Ramiro Moure, avanzou na presentación das actividades que a “intención de ampliar a toda a provincia os cursos e obradoiros para facilitar o uso das novas tecnoloxías a todos os maiores, con independencia do seu lugar de residencia, e pór en marcha novos servizos, que estarán a disposición de todos os lucenses de máis de 55 anos”.
As actividades comezarán o 29 de setembro na sede do InLugo. En total, serán 400 prazas repartidas en 29 obradoiros e cursos, dos que 9 xa teñen todas as prazas cubertas no día de apertura de inscricións. Para os outros, os interesados aínda poden apuntarse a través de fundaciontic.org e deputacionlugo.gal ou chamando ao número de teléfono 982 225 186. Todas estas actividades están incluídas na actuación Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia que xestiona a Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación con fondos exclusivamente provinciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?