Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC e as súas vantaxes na xestión de refugallos, eixe dunha xornada da CEL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC e as súas vantaxes na xestión de refugallos, eixe dunha xornada da CEL

Redacción
Publicado: 22/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Miguel Varela, de Teimas, nun congreso recente sobre medio ambiente e tecnoloxía
Miguel Varela, de Teimas, nun congreso recente sobre medio ambiente e tecnoloxía
A xestión efectiva e rendible dos refugallos e o aproveitamento dos mesmos ten que pasar, por forza, polas novas tecnoloxías da información. Os motivos son moitos e variados, pero en certa maneira son semellantes aos que alentan as maridaxes enerxía-TIC ou motor-novas tecnoloxías. Para coñecer estas razóns ao detalle, a Confederación de Empresarios de Lugo, CEL, organiza o vindeiro 1 de outubro un encontro con profesionais galegos do devandito ámbito dos residuos e as diferentes maneiras tecnolóxicas de xestionalos mellor, e mesmo de aproveitalos para facer máis riqueza. A cita desenvólvese de 16.30 a 18.30 horas e nela intervirá Miguel Varela, director de Teimas, quen falará entre outras do seu software Teixo (que axiliza os trámites nos diferentes procesos de tratamento de refugallos).
Tamén intervirá Fernando Asperilla, xefe do Servizo de Planificación, Prevención e Información da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que explicará os logros do Sistema de Información de Residuos de Galicia (SIRGA), amosando tamén as particularidades da nova Plataforma Galega de Información Ambiental (GAIA), portelo único para permitir ás compañías atender e cumprir coas súas obrigas co medio ambiente.
A xornada vén da man da CEL e de SOGAMA e forma parte dun programa divulgativo común e virtude do cal ambas as entidades organizan actividades formativas en materia de medio ambiente e desenvolvemento sustentable dirixidas tanto a empresarios e emprendedores, como a traballadores e desempregados. O obxectivo do encontro do día 1 é o de analizar o papel facilitador das TIC para resolver problemas na área ambiental, o seu impacto na contorna ambiental, a súa función no ámbito da economía circular e a súa contribución ao uso máis eficiente dos recursos e enerxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?