Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 100.000 consultas para o Dicionario de Sinónimos do Galego que xa conta con versión web e móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 100.000 consultas para o Dicionario de Sinónimos do Galego que xa conta con versión web e móbil

Redacción
Publicado: 22/09/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_dicionario_sinonimos.jpgA nosa lingua ten que medrar e para facelo ten que estar presente en todos os eidos, incluído Internet. Con esta intención, e coa de botar unha man lingüística á quen o precise, nacía o primeiro Dicionario de Sinónimos do Galego, editado pola Universidade de Vigo. Nesta nova queremos dar conta do éxito da dita ferramenta, a cal supera xa as 100.000 consultas en liña e o millar de descargas en Google Play, a tenda de produtos para aparellos con Android, e na App Store de Apple, cifras que os seus autores valoran como “moi elevadas”, xa que a versión móbil leva apenas uns meses en funcionamento. A obra foi elaborada polos docentes Xosé Mª Gómez Clemente, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões.
O novo trebello tecnolóxico-lingüístico contén máis de 200.000 voces na nosa lingua agrupadas nunhas 30.000 entradas. “A idea inicial foi pór a disposición do público o dicionario a través da web do Seminario de Lingüística Informática, como facemos en xeral con todos os recursos lingüísticos que desenvolvemos no grupo de investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (TALG) no que estou integrado”, subliña Gómez Guinovart, ao tempo que explica que a posibilidade de distribuír o dicionario tamén con feitura de aplicación móbil foi posterior e xurdiu nunha conversa de traballo cos integrantes da Área de Normalización Lingüística, que editou este traballo a través do convenio de colaboración en materia de normalización lingüística entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Ao comezo do proxecto os investigadores carecían de ningún dicionario de sinónimos, nin comercial nin libre, en soporte dixital no que basearse e, por esta razón, optaron por revisar, ampliar e dixitalizar un dicionario de sinónimos tradicional do galego publicado en papel e xa descatalogado: o dicionario publicado por Galaxia en 1997 baixo a coordinación de Camiño Noia, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente, e que contou coa participación de Gonzalo Constela, Xosé Henrique Costas e Valentín Arias na súa redacción, un traballo ao que se refiren como excelente.
Os traballos de elaboración do novo dicionario electrónico de sinónimos efectuáronse en tres fases. Segundo explican os investigadores, a primeira tarefa consistiu en converter a información textual desestruturada dos ficheiros de Word nunha base de datos lexicográfica normalizada. A segunda etapa consistiu na normalización da súa ortografía, morfoloxía e léxico consonte á normativa oficial vixente do galego establecida en 2003. Unha vez rematada a normalización informática e lingüística do texto, prepararon unha interface web para facer máis doada a súa consulta pública e emprenderon unha dilatada fase de ampliación e revisión lexicográfica que incluíu a expansión dos sinónimos que dan lugar a pistas perdidas no dicionario e a resolución das remisións lexicográficas dende unhas entradas a outras.
Alén deste dicionario de sinónimos, os investigadores do Seminario de Lingüística Informática, ao que pertence Gómez Guinovart, atópanse inmersos na construción do Galnet, unha base de datos léxica para o galego ao estilo WordNet do inglés, unha ferramenta que xa foi adoptada por Google como parte da tecnoloxía empregada na actualidade por Google Translate para a tradución automática da lingua galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?