Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sivsa amosa tecnoloxías de seu no encontro referencial da eSaúde en Perú
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sivsa amosa tecnoloxías de seu no encontro referencial da eSaúde en Perú

Redacción
Publicado: 23/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

18cb4412b3fd96d4c2c15944894f7ea5_xl.jpgA empresa galega Sivsa, da que falamos recentemente para dar conta do seu innovador software de xestión para médicos e clínicas (o software Fenix, definido polos seus creadores como “unha nova maneira de entender a xestión de centros de saúde dende a nube”), participou os días pasados (entre o 9 e o 11 de setembro) na que está considerada a cita referencial do ámbito médico e tecnolóxico de Perú e a súa contorna. Falamos de Tecnosalud 2015, a convención internacional de produtos para a saúde e ciencias afíns, onde a empresa galega amosou solucións de seu para optimizar o traballo dos profesionais do ámbito médico, solucións como o software Fenix, precisamente.
Del, fíxose saber que se trata dunha tecnoloxía que senta as bases para a historia clínica electrónica na nube e que, dende o seu lanzamento (este mesmo ano), foi quen de facilitar ao máximo o día a día das comunidades dun bo número de consultorios e policlínicas. Tamén se fixo un repaso polas funcionalidades que pon en xogo, entre as que podemos destacar a posibilidade de controlar e axilizar de maneira fluída e intuitiva todos os procesos que se dan na actividade diaria dun espazo de saúde, dende a chamada do paciente para solicitar unha cita ata a facturación dos servizos.
Recordar que a empresa galega ten presenza no Perú dende hai uns tres anos, e alí conta con importantes clientes que xa tiran proveito do seu sistema de información hospitalaria Hoxix para a súa xestión, entre os que se inclúen centros como o Hospital Alberto Leopoldo Barton Tompson de Callao e o Hospital Guillermo Kaelin de la Fuente de Villamaría del Triunfo.
Tecnosalud, sinalan fontes da empresa galega, propiciou o encontro entre Sivsa e novos profesionais da saúde de Lima, o que serviu para establecer contacto con outros hospitais interesados en Hosix como sistema de información hospitalario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?