
Os seus puntos fortes, sinala, radican en que se trata dun servizo práctico, cómodo e directo, tanto para as propias firmas hostaleiras como para os hóspedes e clientes. Nun plano concreto, permite facer cousas como comprobar reservas, solicitar suxestións e achegar dúbidas ou achegar notificacións de incidencias dende calquera recanto do mundo (durante de despois do check-in no establecemento en cuestión). O seu obxectivo básico: mellorar a comunicación para as vacacións ou viaxes de negocios e conectar aos hóspedes directamente co seu hotel ou cruceiro.
“A idea”, comenta Manuel Calvo, “xorde da necesidade dos usuarios para, ademais de realizar o seguimento da seu reserva, engadir todas as necesidades e peticións que queiran facer chegar ao hotel e comprobar o seu estado”. Á súa vez, o cliente está ao tanto de todas as novidades que se presentan no establecemento de forma directa e instantánea.
Trala penetración no mercado que tivo JustRequest en Europa, Pilar Lemes, Antonio Ramírez e Uwe Schneider, fundadores e creadores da aplicación, seleccionaron para a súa distribución no Noroeste de España (Galicia, Asturias, Cantabria e León) e o Norte de Portugal á compañía de solucións tecnolóxicas Unayta, startup formada por profesionais da comunicación e novas tecnoloxías. Manuel Calvo salienta que “JustRequest é a resposta a unha petición que milleiros de usuarios de hoteis e experiencias de lecer viñan demandando desde hai anos”. E engade: “Mentres que os comparadores, foros de opinión e portais web funcionan de forma reactiva, é dicir, unha vez o cliente xa visitou o establecemento, con JustRequest os hoteis responden de forma proactiva e previa á visita e ás peticións dos hóspedes”.
Segundo recorda, JustRequest é a primeira aplicación de comunicación turística de requests (peticións, suxestións, desexos) para dispositivos intelixentes en plataformas Android e iOS. O obxectivo é, ante todo, evitar as esperas na atención por parte do cliente e mellorar a experiencia do usuario durante a súa estancia. A aplicación é de balde para os usuarios, e os hoteis poden dar de alta este servizo “sen ningún custo e cunha económica cota de mantemento” que permitirá aos hoteis “atender de forma práctica e cómoda aos seus clientes sen longas colas de espera na recepción nin interminables chamadas telefónicas”.
A galega Unayta presenta unha revolucionaria aplicación para hoteis
Compartir Este Artigo

